19 de abr. de 2019

SEMANA DO LIBRO


ao leres irás voando nun paxaro de papel, na folliña dun poema que tiraches do andel, viaxe ao fondo das preguntas: o libro leva a contraria ao “así foi e así será” a toda a rutina diaria pois a lectura é rabuda, descrida e impertinente aprende a desaprender a mirar con outra lente a gozar co máis difícil turrar da porta até que abra entrar no descoñecido beber viño de palabras 
Marilar Aleixandre

Con este texto na nosa mente ollade as actividades que fixemos na semana do libro:
1. Os nenos de  segundo , cuarto e sexto fixeron audiocontos na radio. 
2. Intercambiamos as nosas lecturas preferidas co colexio Xesús San Luís Romero. Todos fixeron unhas recomendacións fantásticas.Os nenos de primeiro elaboraron códigos QR para mostrar os contos que máis lle gustaron e os de sexto recomendaron libros pola radio .
3. Estrenamos o recuncho escornacontos. No Espazo Feito con Xeito os maiores contaron o conto de Marie Curie e os nenos tiñan que relacionar o que lle contaban cun debuxo e levar o escornabot ata a imaxe correspondente. Para que resultara máis complicado elaboráronse obstáculos cientifícos feitos coa impresora 3D.
4. Os maiores tiveron un afillado ou afillada ao que lle ler un conto.

5. Celébramos a nosa semana coincidindo coa semana do libro de Carballo, que este ano leva de lema REVOLUCIÓN. Algúns cursos puideron desfrutar das distintas actividades.
 









Ningún comentario:

Publicar un comentario

Un blog aliméntase dos teus comentarios, grazas por colaborar con nós.

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...