Esta semana continuamos cos talleres de ciencia que imparten os profesores José María de la Viña e Pablo Mira. Nesta ocasión traballaron co alumnado de educación infantil e de 1º de educación primaria. Fixeron varios experimentos moi interesantes cunhas varitas máxicas que facían mover uns barcos e que separaban as cores dun prato... como pode darse este fenómeno?
Estade moi atentos/as ao vídeo destas sesións de ciencia. E unha vez máis , grazas a estes profes por compartir os seus coñecementos cos nenos/as do noso cole. O vindeiro luns a sesión de ciencia será para 3ºA e 3º B.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Un blog aliméntase dos teus comentarios, grazas por colaborar con nós.