26/01/2017

A ruta escornabot

Mañá xoves os nenos/as de 5º de E.P. compartirán as súas experiencias cos escornabot xunto ao alumnado da E.E.I. Barrionovo (Arteixo), tamén incluída no Proxecto escornabot e que neste curso desenvolven o proxecto "Non somos robots", a través de Skype. Presentarán os diferentes produtos que elaboraron na área de plástica, e nos recreos na biblioteca, durante o primeiro trimestre.
Neste mapa, que podedes consultar de xeito permanente na columna da dereita, iremos colocando as viaxes que realicemos co escornabot por toda Galicia.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Un blog aliméntase dos teus comentarios, grazas por colaborar con nós.

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...