26 de out. de 2016

Visitamos a BPM "Rego da Balsa"

Os nenos/as de 4º e 6º de Educación Primaria visitaron a B.P.M. Rego da Balsa de Carballo. Durante esta visita coñeceron as instalacións, as diferentes seccións, a clasificación dos fondos, procura de fondos a través de internet, entre outros aspectos.

Previamente estes cursos prepararon a visita no área de Aprender a investigar, formulando algunha das dúbidas que lles xurdiran en clase e outras que tiveron durante o itinerario. Comprobaron as similitudes e diferenzas entre a nosa biblioteca escolar e a biblioteca pública municipal.
Agradecemos ás traballadoras da biblioteca a súa atención e explicación durante todo o percorrido.
Moitas grazas! Pasámolo xenial!
 

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Un blog aliméntase dos teus comentarios, grazas por colaborar con nós.

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...