11 de xuño de 2016

Un paseo por DinosauRus

Este é o percorrido polo Museo DinosauRus no que o alumnado presentou o traballo que realizaron durante todo o curso a través da exposición "Unha viaxe ao pasado".  Os nenos/as presentaron nos corredores e nas aulas as monografías, debuxos, textos e demais produtos que xurdiron durante o desenvolvemento do PDI DinosauRus.

Esta exposición foi a que presenciaron as familias o día da inauguración, acompañada coas explicacións dos alumnos/as, nas que facían unha descrición do proceso de creación, ademais de ahegar máis datos sobre os diferentes dinosauros, as teorías da extinción, as funcións da paleontoloxía, entre outros.



Esperamos que vos gustase!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Un blog aliméntase dos teus comentarios, grazas por colaborar con nós.

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...