![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEjzvIYvrM0SueskiikDjX04i8F0KWFIn5B9wEuRELvYFrlV5u1QgOtiEj-JsOFE1c0bTV-pe8FyrYj-TX7eWpaSHdpllCnnrqy2tjjaCei1eic7dwNsEdoopiYJixWtoqFvsv9UZ7riaJZg/s320/IMAG2052.jpg)
Como estamos a desenvolver o PDI DinosauRus sobre a época dos dinosauros, relacionamos unha das especies máis grandes descubertas como o Apatosauro, pero que a pesar do seu gran tamaño era un herbívoro e que podería caracterizarse por ser bastante pacífico.
Os nenos e nenas dos
diferentes cursos colleron unha soleta do tamaño do seu pé,
posteriormente decorárona e escribiron distintas mensaxes de paz, para
finalmente recortala e pegala na gran pegada do apatosauro.
Durante esta semana os nenos/as de 5º e 6º están a ler no recreo diferentes contos relacionados coa non violencia, a solidariedade e a paz, que forman parte da exposición de libros sobre a Paz, expostos nos diferentes andeis da biblioteca.
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEjiNfvStaXVAZQ_EkmUAKJ4DBLW68v-0U-9oy6kCnnXsLc_IdQITsTS0cXC24u33kPwh4XjwCM2ivmaiVjDF-ugrytZzXwpzvl4Oz_VOTRSRpgzpIOGSzOMitq8Ap4SMpIACC8R-ZYZoz5f/s320/IMAG2063.jpg)
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Un blog aliméntase dos teus comentarios, grazas por colaborar con nós.