Finalizou a 2ª semana do noso concurso e chegou o momento de solucionar as preguntas que agachaban dous libros da nosa biblioteca. No 2º ciclo houbo moitas respostas e todos/as os que participaron poderán optar aos premios finais para os tres nenos/as que máis puntos teñan o 25 de marzo. No 1º ciclo de Educación Primaria non houbo participación, polo que non haberá premiados.
Comezaremos polo 1º ciclo.
Na entrada aparecía esta imaxe e, xunto a ela, facíanse dúas cuestións:
1ª pregunta: Como se titula o libro que contén esta imaxe? A resposta é ¿Onde perdeu Lúa a risa? de Miriam Sánchez e do ilustrador Federico Fernández, editado por Kalandraka.
2ª pregunta: Neste conto ata a Lúa ri, por que? Porque unha curuxa lle está a facer cóxegas cunha pluma.
O 2º e 3º ciclo tiñan que responder a tres preguntas que lles conducirían a atopar o nome dun famoso físico e divulgador científico, entre outras facetas. Para conseguilo poderiades seguir unhas pistas que vos dabamos.
1ª pregunta: De quen falamos? Efectivamente, o nome desta personaxe é Stephen W. Hawking.
2ª pregunta: En que ano naceu? A data de nacemento foi o 8 de xaneiro de 1942.
3ª pregunta: Cantos anos ten? Actualmente ten 73 anos.
Tras revisar todos os comentarios da entrada desta semana darémoslle 4 puntos ao primeiro/a en responder, 3 ao segundo/a, 2 ao terceiro/a, 1 punto aos seguintes que contestaron correctamente e 0 puntos aos que non contestaron algunha das preguntas de xeito correcto, tivemos en conta que estivesen ben escritas as respostas, polo que non vos esquezades de repasar o que escribistes para comprobar que non hai erros.
A clasificación esta semana queda do seguinte xeito:
A polo seguinte reto!
Nerea 4º
ResponderEliminarTitulo sobre rèptiles,autor Claire Llewellyn
titulo Planeta Tierra autor Deborah Chancellor
Dalia4º
ResponderEliminartitulo Planeta terra autor Deborah Chancellor
titulo Sobre os réptiles autor Claire Llewellyn