Ola a todos/as!
Leoteca está de volta no cole!!!
Este ano para celebrar as letras galegas elaboramos uns programas de radio.Se os escoitedes saberedes moito de Xela Arias.
Os nenos e nenas de terceiro prepararon un Rap para o día do libro co programa SCRACH JUNIOR e realizaron un Break out. Pasárono xenial.
Cando dúas personas con talento se unen nace un libro como Xelís o guieiro das botellas de mar. Os nenos de sexto ao longo deste trimestre leron e traballaron con este libro. Unha obra que invitou a reflexionar sobre o coidado do medio ambiente. Rosa, por videochamada, concienciounos sobre este tema. A axenda 2030; no seu obxetivo 13, fala da vida submarina, e con el vemos a responsabilidade de velar polo noso mar. Andrés , pon debuxos elaborados con programas informáticos, as verbas de Rosa. Os nenos e nenas de sexto decoraron as súas botellas ESTRAFALARIAS e meteron mensaxes , escritas con pluma , nas botellas.
Manifesto día do libro 2021
Jesús Carrasco
Estas palabras están dirixidas a ti, que aínda estás a salvo da lectura. Que aínda non te atopaches a soas co teu primeiro libro inesquecible. Quería darche os parabéns. Non é que me alegre de que a lectura non estea entre os teus hábitos. Non é iso. O único que pretendo é avisarte de que estás nun momento marabilloso: o que precede a ese primeiro encontro a soas co teu primeiro libro importante. Busca na túa memoria. Seguro que na túa vida houbo moitos deses momentos que anteceden ao gozo: xusto antes de darlle o primeiro bocado ao teu prato favorito, cando o aroma que sobe do prato faiche a boca auga; antes de ver a esa persoa á que tanto botas de menos; xusto antes de vivir con intensidade uno deses partidos históricos para o teu equipo. Ti, que aínda non sentiches como un libro róubache horas de soño; que aínda non che metiches na pel de Madame Bovary, que non seguiches o curso do río Nilo ata as súas fontes. Que non viviches nas árbores, que non baixaches ao centro da Terra, que aínda pensas que Don Quixote estaba tolo. Envéxoche, e de aí o meu parabén, porque aínda tes tanto por descubrir. O que daría eu por estar na túa pel. Por volver ser aquel neno que se atopou un mediodía primaveral a soas co seu primeiro libro...