31 de xan. de 2018

Os contacontos de Kalandraka visitaron Leoteca!

A semana pasada, o día 24de xaneiro,  a Editorial Kalandraka visitou Leoteca e os nenos de educación infantil puideron disfrutar de contos como:
"A horta de Simón", "Animais de compañía", "Un máis", "Frederick", "O coelliño branco", "Un becho estraño", "Cores" ou "Piñeiro" entre outras historias, acompañado de música.
Moitas grazas aos nosos amigos de Kalandra! Neste vídeo podedes ve algunhas imaxes da sesión.


29 de xan. de 2018

NEGROS E BRANCOS



E como vai de lendas, que mellor forma de conmemorar o Día da paz que traballando lendas que traten esta temática? A lectura do libro de  Negros e brancos de  MCKEE, DAVID lévanos a reflexionar sobre este aspecto.  De aí o mural que decora a entrada que se realizou organizando distintos obradoiros no recreo. Neses obradoiros elaboraron o mural, escribiron palabras de Paz na mesa de luz e no lego de parede e construíron pombas de paz co tamgram e coa impresora 3D.  As pombas que realizamos coa impresora foron decoradas polos nenos con verbas de paz e fíxose un colgante que se lle puxo o cabalo de Troia que temos na entrada do colexio para que leve consigo sempre as palabras de Paz.   Para finalizar o día 30 proxectarase o video do conto que estivemos a traballar. 

 Lembrade o que dixo GANDHI: "Non hai camiño para a paz, a paz é o camiño"

VIDEO ELEFANTES NEGROS E BRANCOS

OBRADOIROS DE PAZ

28 de xan. de 2018

Comezamos coa imprensíón 3D



Estes días andamos coa impresora 3D. O primeiro que se fixo foi unha caixa. Pero, non unha caixa calquera, é a caixa do Ratonciño Pérez. O primeiro neno que lle caia un dente levará de agasallo esa caixiña!!!




20 de dec. de 2017

LEOTECA ABRE AS SÚAS PORTAS !

Ola a tod@s!
Leoteca por fin está de volta, despois de andar polo mundo e de traernos unha biblioteca mellorada con novas zonas e moita máis diversión. 
Con esta  aventura temos unha zona maker chamada " Feito con xeito" onde os nosos nenos/as poderán investigar, xogar cos escornabots, con microscopios, mesa de luz, legos e moitas sorpresas máis que xa vos contará Leoteca. Pero onte e hoxe xa houberon alguhas actividades moi interesantes, estade moi atentos/as...

VISITA DUNHA CIENTÍFICA
Onte, martes 19 de decembro comezamos a nosa nova etapa cos nenos/as de 6º de Educación Primaria. Tivemos unha actividade moi especial, unha ex-alumna, Karina visitounos para contarnos en que consiste a súa profesión...é investigadora de mediciña! Está investigando actualmente en Alemaña. Karina estrenou a nova zona "Feito con xeito" co alumnado dun modo moi orixinal, sacando o ADN dun plátano. Os rapaces/as disfrutaron moitísimo. Grazas Karina pola túa visita.


ROMPENDO AS BARRERAS CON COGAMI
Hoxe , mérocres 20 de decembro os nenos/as de 4º de EP  disfrutraron dun obradoiro de robótica e discapacidade con COGAMI. Aprenderon moitas cousiñas e traballaron cos portátiles, ipads, pantalla multitáctil, robots, etc. Moitas grazas a estas monitoras por facernos aprender dun xeito tan divertido!



CASILDA SORPRÉNDENOS NA BIBLIOTECA... E OS REIS TAMÉN!
E pola tarde foron os alumnos/as de educación infatil os que visitaron a nova biblioteca por primeira vez da man dunha meiga chamada Casilda, amiga de Leoteca. Esta meiga visitounos para adiantarnos que Leoteca voltará despois das vacacións e tamén trouxo aos Reis Magos! Foi un día moi emocionante!



E despois de Nadal , cando todo o alumndo xa coñeza  a nova biblio, haberá un día de inauguración para familias e para todas aquelas persoas que fixeron posible esta mellora.
Grazas Leoteca por voltar connosco! Felices festas e ata moi prontiño!






18 de dec. de 2017

Festival " As mil e unha lendas"

Como xa sabedes dende Leoteca estamos levando a cabo o PDI LENDARIO. Por este motivo este ano o noso festival de Nadal está relacionado con contos, lendas, mitos, a nosa cultura e outras temáticas. O festival será o próximo xoves no IES Alfrado Brañas de Carballo, ás 10:00h da mañá. Os nenos/as virán ao colexio de forma normal ás 9:30h e sairan do colexio ás 12:30 horas. Este día xa non hai comedor escolar xa que a xornada será reducida.
Estades todos convidados/as a asistir a ver aos vosos fillos/as. Debedes ser puntuais xa que o
espectáculo comeza ás 10:00h da mañá. Dende o cole gustaríanos darlles as gracias á dirección e conxersería do IES Alfredo Brañas por cedernos o seu salón de actos.Esperamos que vos guste moito todo o que os vosos fillos/as prepararon con ilusión. 
Leoteca deséxavos moi felices festas e que saibades  que está desexando abrir as súas portas para a volta das vacacións!
E a continuación podedes ver a invitación que redactaron oa alumnos/as de 6º de EP. Ata o xoves!



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...