E como vai de lendas, que mellor forma de conmemorar o Día da paz que traballando lendas que traten esta temática? A lectura do libro de Negros e brancos de MCKEE, DAVID lévanos a reflexionar sobre este aspecto. De aí o mural que decora a entrada que se realizou organizando distintos obradoiros no recreo. Neses obradoiros elaboraron o mural, escribiron palabras de Paz na mesa de luz e no lego de parede e construíron pombas de paz co tamgram e coa impresora 3D. As pombas que realizamos coa impresora foron decoradas polos nenos con verbas de paz e fíxose un colgante que se lle puxo o cabalo de Troia que temos na entrada do colexio para que leve consigo sempre as palabras de Paz. Para finalizar o día 30 proxectarase o video do conto que estivemos a traballar.
Lembrade o que dixo GANDHI: "Non hai camiño para a paz, a paz é o camiño"
VIDEO ELEFANTES NEGROS E BRANCOS
OBRADOIROS DE PAZ
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Un blog aliméntase dos teus comentarios, grazas por colaborar con nós.