Ola a tod@s!
Leoteca por fin está de volta, despois de andar polo mundo e de traernos unha biblioteca mellorada con novas zonas e moita máis diversión.
Con esta aventura temos unha zona maker chamada " Feito con xeito" onde os nosos nenos/as poderán investigar, xogar cos escornabots, con microscopios, mesa de luz, legos e moitas sorpresas máis que xa vos contará Leoteca. Pero onte e hoxe xa houberon alguhas actividades moi interesantes, estade moi atentos/as...
VISITA DUNHA CIENTÍFICA
Onte, martes 19 de decembro comezamos a nosa nova etapa cos nenos/as de 6º de Educación Primaria. Tivemos unha actividade moi especial, unha ex-alumna, Karina visitounos para contarnos en que consiste a súa profesión...é investigadora de mediciña! Está investigando actualmente en Alemaña. Karina estrenou a nova zona "Feito con xeito" co alumnado dun modo moi orixinal, sacando o ADN dun plátano. Os rapaces/as disfrutaron moitísimo. Grazas Karina pola túa visita.
ROMPENDO AS BARRERAS CON COGAMI
Hoxe , mérocres 20 de decembro os nenos/as de 4º de EP disfrutraron dun obradoiro de robótica e discapacidade con COGAMI. Aprenderon moitas cousiñas e traballaron cos portátiles, ipads, pantalla multitáctil, robots, etc. Moitas grazas a estas monitoras por facernos aprender dun xeito tan divertido!
CASILDA SORPRÉNDENOS NA BIBLIOTECA... E OS REIS TAMÉN!
E pola tarde foron os alumnos/as de educación infatil os que visitaron a nova biblioteca por primeira vez da man dunha meiga chamada Casilda, amiga de Leoteca. Esta meiga visitounos para adiantarnos que Leoteca voltará despois das vacacións e tamén trouxo aos Reis Magos! Foi un día moi emocionante!
E despois de Nadal , cando todo o alumndo xa coñeza a nova biblio, haberá un día de inauguración para familias e para todas aquelas persoas que fixeron posible esta mellora.
Grazas Leoteca por voltar connosco! Felices festas e ata moi prontiño!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Un blog aliméntase dos teus comentarios, grazas por colaborar con nós.