21 de maio de 2018

VAI DE LENDAS GALEGAS




Durante o segundo trimestre, dentro da área de plástica, o grupo de 1º de EP preparou os debuxos para elaborar un panel do escornabot relacionado con distintas lendas de Galicia.
No tempo diario adicado á lectura, fóronse lendo diferentes mitos e lendas de distintas partes da xeografía galega. SobRe cada lenda traballada, os nenos/as fixeron debuxos alusivos ás mesmas. Estes debuxos colocaránse sobre un mapa de Galicia, en tamaño A2 aproximadamente, no lugar xeográfico ao que se refire cada lenda. Detallamos unha lista coas mesmas:
-       A Torre de Breogán, en referencia á Torre de Hércules (A Coruña).
-       A lenda do gato negro na Braña de Rus (Coristanco, nas inmediacións do colexio).
-       Lenda de San Hadrián das Illas Sisargas (Malpica).
-       A lenda da Buserana (Muxía).
-       San Andrés de Teixido (no mesmo lugar).
-       A Maruxaina (San Cibrao – Cervo).
-       O Rei Cintolo (Mondoñedo).
-       A Muller Cerva (Cervantes – Os Ancares).
-       O Apalpador (nas montañas de Trives).
-       A moura Ana Manana (preto de Ourense).
-       A Ponte do Demo (Silleda).
-       Unha lenda sobre un Barco Pantasma (nas illas Cíes)
-       Unha lenda sobre bruxas (“As sete bruxas”), que partían dende Rianxo para un Aquelarre noutra zona de España.
A información sobre estas lendas, foron sacadas de diferentes fontes documentais e bibliográficas.
Ademáis, dende a área de Ciencias Sociais, dentro dos contidos relacionados con medios de transportes, fixéronse tamén debuxos alusivos aos transportes terretres, aéreos e marítimos. Éstes colocaránse no panel, como punto de partida do escornabot. Os transportes terrestres, polo tanto, pegaránse na parte inferior do panel (como se procedesen do Sur, de Portugal, é dicir, por terra) e os aéreos e marítimos na parte superior (polo Norte).
Deste xeito, pódense plantexar diferentes formas de realizar a tarefa, pero a base da mesma sería que o movemento do escornabot partiría dende o medio de transporte que queiran utilizar para viaxar, e dende alí programalo para chegar ao destino ou lugar ao que fai referencia á lenda escollida.











Ningún comentario:

Publicar un comentario

Un blog aliméntase dos teus comentarios, grazas por colaborar con nós.

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...