10 de xuño de 2018
As familias coñecen a radio
Algunhas familias, algún alumno e algunha mestra deron a súa opinión sobre o PDI Lendario.
6 de xuño de 2018
PDI LENDARIO PECHA AS SÚAS PORTAS!!!
É dificil ensinar o que pasou o 31 de maio no colexio só con imaxes pero ímolo intentar . Ese día acudiron o colexio as familias para ver o noso producto final de Lendario. Alí estaban esperando os nenos de 6º para recibilas. Chegaron o colexio e escoitaron por megafonía algo que gravaramos no nosa RADIO da biblio CANOSA ONDA.
1º PARADA: MUNDO LENDARIO.
Nesta parada os guías leron un pergamiño que ía ser o fío conductor de toda a exposición! Ademais de explicar a maqueta feita con plantas da zona, bonecos de plastilina... tamén nos falaron de todo o que se vía nese mundo.

Se este pergamiño
chega a vosas mans e porque eu xa estarei presa. Son unha vingadora a que lle encomendaron
unha tarefa para salvar a humanidade: cazar os cinco dragóns e resgardalos nun
lugar seguro para que non os atope o malvado Thanos. Eu intenteino e fracasei. Agora soamente vós
podedes salvar a humanidade. Os dragóns transformáronse en pezas de
crebacabezas e están ciscados polos distintos mundos de esta galaxia chamada Colexio. O que tedes que facer e
reconstruílo pero non é nada doado!! En cada mundo hai seres chamados nenos e
nenas que son moi espelidos que vos farán preguntas sobre seres fantásticos da mitoloxía, sobre os termos que empregaban,
sobre o ceo no que vivían, sobre os heroes daquela epoca... Se acertades daranvos
unha peza do dragón , cando visitedes todos os mundos volveredes ao lugar de partida e alí
intentaredes montar o crebacabezas. Se sodes realmente intelixentes seredes
capaces de reconstruír o dragón para gardalo nunha Caixa e que non volvan a
saír endexamais.
2º PARADA: A EIRA DAS MEIGAS.
Neste mundo os nenos e nenas de 3º falaron da nosa contorna e en concreto, das lendas que arrodean ó Monte Neme. Coa axuda do google maps leváronnos por distintos lugares onde nos contaron historias da Pedra da Arca, dos dolmens...
3º PARADA: SERES MITOLÓXICOS.
Aquí, grazas os nenos de 4º, coñecemos moitos seres mitolóxicos. Despois de facer unha pequena explicación , puidemos ver o visionado dun vídeo que os nenos fixeron con CROMA.
4º PARADA: A NOSA ODISEA
E non podía faltar no PDI Lendario a gran obra de Homero: a Odisea. Con unha breve explicación e cun vídeo realizado en croma adentrámosnos neste mundo da man dos nenos de 2ºB.
5º PARADA:VIAXANDO A TRAVÉS DAS CONSTELACIÓNS.
6º PARADA: GALICIA DE LENDA.
Cantas lendas esconde a nosa Galicia de meigas. A aula de 1º explicou algunha delas coa axuda do escornabot. As familias, da man dos nenos, tiñan que levar o escornabot a lenda que contaran, pero elixindo o medio de transporte correcto.
7º PARADA: A INFLUENCIA DA MITOLOXÍA NA NOSA CULTURA.
O corredor de 5º tiña preparada unha exposición para ensinarnos como a mitoloxía inflúe nos termos que utilizamos, na música, nas expresións...
8º PARADA: MITHONOS. Os nenos e nenas de 6º sorprenderon cun museo dentro da aula onde nos explicaron as distintas mitoloxías do mundo. No chan, unha maqueta xigante, que simulaba a cidade de Mithonos, e onde se movían os escornabots.
9º PARADA: LÚA MÍTICA
Os pequenos do colexio contáronos a lenda do Coello gravado na lúa axudados dunhas láminas ben bonitas.Tamén xogaron co escornabot e coas personaxes do mundo mitolóxico.
PARADA 10: CANOSA ONDA. Os visitantes máis atrevidos foron convidados a radio para dar a súa opinión. En breve colgarémolas na radio!
PARADA 11: Despois de conseguir as pezas do dragón, que se realizaron coa impresora 3D, montouse o dragón.
E recordade a mensaxe deste último vídeo:
Aquí descansan os restos dos dragóns máxicos. Se co paso do tempo nos imos convertindo en seres sen imaxinación , nin creatividade. Ou se por calquera razón esquecemos a importancia de soñar, crear, pensar... debedes abrir esta caixa. GARDEMOS ESTES ANAQUIÑOS DE MAXIA, para cando as nosas mentes se esquezan de todo o que somos capaces.
Aquí descansan os restos dos dragóns máxicos. Se co paso do tempo nos imos convertindo en seres sen imaxinación , nin creatividade. Ou se por calquera razón esquecemos a importancia de soñar, crear, pensar... debedes abrir esta caixa. GARDEMOS ESTES ANAQUIÑOS DE MAXIA, para cando as nosas mentes se esquezan de todo o que somos capaces.
A imaxinación é a mellor ferramenta para desenvolver a intelixencia.
Albert Einstein
Etiquetas:
IMPRESIÓN 3D,
IMPRESORA 3D,
LENDARIO,
PDI
31 de maio de 2018
PRODUCTO FINAL LENDARIO
Hoxe mostrouse as familias o traballo de todo un ano : o fantástico e o racional mesturouse. Abrimos as portas para mostrar LENDARIO. Grazas mestres, familias e sobre todo nenos e nenas! En breve subiremos os videos de todo.
24 de maio de 2018
A POLO ÚLTIMO RETO!!!!!
Noraboa aos que seguides acertando os retos que vos propoño!!!! Hai xente que xa abandonou, pero TODOS os que sigades ata o final e acertedes a última pregunta teredes un agasallo. Asi que moito ánimo e sorte para esta pregunta final, que é a máis difícil. Cantos fillos se di que ten Hércules? A sinatura do libro é 82N GOM tra. Ánimo e a pola derradeira!!!
21 de maio de 2018
VAI DE LENDAS GALEGAS
Durante o segundo
trimestre, dentro da área de plástica, o grupo de 1º de EP preparou os debuxos
para elaborar un panel do escornabot relacionado con distintas lendas de
Galicia.
No tempo diario
adicado á lectura, fóronse lendo diferentes mitos e lendas de distintas partes
da xeografía galega. SobRe cada lenda traballada, os nenos/as fixeron debuxos
alusivos ás mesmas. Estes debuxos colocaránse sobre un mapa de Galicia, en
tamaño A2 aproximadamente, no lugar xeográfico ao que se refire cada lenda.
Detallamos unha lista coas mesmas:
- A Torre de Breogán, en referencia á Torre
de Hércules (A Coruña).
- A lenda do gato negro na Braña de Rus
(Coristanco, nas inmediacións do colexio).
- Lenda de San Hadrián das Illas Sisargas
(Malpica).
- A lenda da Buserana (Muxía).
- San Andrés de Teixido (no mesmo lugar).
- A Maruxaina (San Cibrao – Cervo).
- O Rei Cintolo (Mondoñedo).
- A Muller Cerva (Cervantes – Os Ancares).
- O Apalpador (nas montañas de Trives).
- A moura Ana Manana (preto de Ourense).
- A Ponte do Demo (Silleda).
- Unha lenda sobre un Barco Pantasma (nas
illas Cíes)
- Unha lenda sobre bruxas (“As sete
bruxas”), que partían dende Rianxo para un Aquelarre noutra zona de España.
A información
sobre estas lendas, foron sacadas de diferentes fontes documentais e
bibliográficas.
Ademáis, dende a
área de Ciencias Sociais, dentro dos contidos relacionados con medios de
transportes, fixéronse tamén debuxos alusivos aos transportes terretres, aéreos
e marítimos. Éstes colocaránse no panel, como punto de partida do escornabot.
Os transportes terrestres, polo tanto, pegaránse na parte inferior do panel
(como se procedesen do Sur, de Portugal, é dicir, por terra) e os aéreos e
marítimos na parte superior (polo Norte).
Deste xeito,
pódense plantexar diferentes formas de realizar a tarefa, pero a base da mesma
sería que o movemento do escornabot partiría dende o medio de transporte que
queiran utilizar para viaxar, e dende alí programalo para chegar ao destino ou
lugar ao que fai referencia á lenda escollida.
ESCORNABOT A.L.
TABOLEIRO DE
ESCORNABOTS CON PICTOGRAMAS E DADO IMPRESO EN 3D
Este xogo para usar
co escornabot está pensado para adestrar vocabulario e a súa integración en
campos semánticos fundamentalmente co alumnado que utiliza como sistema
aumentativo ou alternativo de comunicación o SPC. Así mesmo, é útil para
incrementar o léxico comprensivo e produtivo e mellorar procesos como a
atención, a percepción ou memoria con todos os nenos e nenas.
O material
necesario consta dun taboleiro con 24 casillas con pictos, un dado de campos
semánticos intercambiables pegados con velcro tamén en SPC, e o noso
escornabot. O neno ou nena terá que tirar o dado e buscar o léxico que
corresponda levando o escornabot polos cadros. Por exemplo, se nos sae o de
“animais”, imos a cabalo, gato… proporcionándolle ao alumnado as axudas
precisas.
TABOLEIRO DE
DISCRIMINACIÓN AUDITIVA CON IMAXES
E CÓDIGOS QR
Os nenos e
nenas tiran a ruleta e obteñen un número, no panel levarán o escornabot ao
código con ese número e ao lelo co dispositivo daralles paso a un audio cun son
de obxectos, animais, etc. O obxectivo é que identifiquen o son e dirixan o
robot á imaxe que o representa, como por exemplo, o son de auga co río.
Este
taboleiro está pensado para exercitar a discriminación auditiva de sons do
ambiente co obxecto de que o alumnado de audición e linguaxe progrese nestas
habilidades. Tamén resulta didáctico para o resto de nenos e nenas xa que
adestran vocabulario, capacidade de asociación, memoria auditiva, atención…
TABOLEIRO DE
DISCRIMINACIÓN ENTRE ERRE SUAVE E ERRE FORTE
O obxectivo
deste material é adestrar a discriminación entre os fonemas alveolar vibrante
simple e o múltiple, e está orientado á discriminación, aprendizaxe e
xeneralización destes fonemas en particular e á estimulación do proceso
lectoescritor en xeral.
A dinámica do xogo é
a seguinte: collemos unha tarxeta e o mestre ou o alumno/a len en voz alta a
adiviña. A continuación teñen que decir a solución e levar o escornabot á
ilustracións que a represente especificando se o nome ten erre forte ou suave.
Para que se poida xogar de xeito autónomo, inclúense na parte de atrás das
adiviñas a palabra correspondente e engádese unha tarxeta na que se nos aclara
se o nome de que se trata leva un tipo de erre ou outro.
Subscribirse a:
Comentarios (Atom)
