31 de mar. de 2017

Alike

A historia de Copi e Paste contada nunha curta de Daniel Martínez e Rafa Cano titulada "Alike" e que foi premiada como mellor curta de animación na 30ª edición dos Premios Goya (2016).

27 de mar. de 2017

Antón Cortizas na biblioteca

A través dunha iniciativa do Equipo de Dinamización da Lingua Galega (EDLG) hoxe visitou a biblioteca o escitor galego Antón Cortizas.

26 de mar. de 2017

Hoxe lenos...


A semana pasada os alumnos/as  de 4º de EI coa axuda da súa profe Nelly, representaron para algúns compañeiros/as o conto " A que sabe a lúa?"de Michael Gregniec. 

" Había moito tempo que os animais andaban a matinar a que sabía a lúa. Era doce ou salgada? Só querían probar un anaco pequeno. Polas noites, miraban ansiosos para o ceo. Estarricábanse e estiraban o pescozo, as pernas e os brazos, tentando collela... Quen non soñou algunha vez con darlle unha dentada á lúa? Este foi precisamente o desexo dos animais deste conto. Tan só querían probar un anaquiño pero, por máis que se estiraban, non eran quen de tocala. Daquela, a tartaruga tivo unha idea xenial: ''Se sobes ao meu lombo, poida que cheguemos onda ela'', díxolle ao elefante......." (www.casadellibro.com)
Os nenos /as de 3 anos o fixeron moi,moi ben e queremos darlles as gracias pola súa colaboración e as súas ganas e porque gracias a eles/as agora xa sabemos a que sabe a lúa!





















Hoxe lenos...

nera, a ferreira-imelda barrio-9788492630028
A semana pasda, os alumnos/as de 1º A , coa axuda da súa profe Vero, representaron unha adaptación da obra "Nera, A Ferreira" de Imelda Barrio.
Esta obra de Baía Edicións trata de romper coa tendecia nos contos infantís de asignar roles esteriotipados a nenos e nenas, que condicionan a capacidade de soñar sen límites no propio futuro. 

" Nera naceu nun momento especial; era xusto cando o Consello de fadas se reunía para outorgar un desexo á persoa que chegase ao mundo nesa noite. Pero, cal sería o mellor desexo para conceder?" 


   


Ao final da obra, os nenos/as cantaron un rap pola igualdade que inventaron coa colaboración da profe Vero e do profe Miguel. Moitas grazas ao alumnado de 1ºA por facer esta obra con tanto entusiasmo e dedicación.


24 de mar. de 2017

Levantado!

Este venres no recreo proxectarase a curta de Pixar "Lifted. Failure is an option" do ano 2006 e que foi nominada a mellor curta de animación na edición de 2006 dos Oscar.

23 de mar. de 2017

Pantalla dixital

A pantalla dixital da biblioteca xa está acendida para facer unha homenaxe á poesía durante a súa semana.
Esta actividade que combina a papiroflexia coa poesía esta baseada na obra do artista francés Etienne Cliquet e a súa "Digital display".

21 de mar. de 2017

Semana da poesía

Hoxe comezou a celebración da "Semana da poesía" na que se desenvolveran distintas actividades para conmemorar esta data tan significativa no calendario da nosa biblioteca, como é o 21 de marzo Día Mundial da Poesía promovido pola UNESCO.

20 de mar. de 2017

Tes bo ollo!

Tes bo ollo! é unha actividade que comeza neste trimestre, que consistirá na recomendación de libros por parte de alumnos/as do centro. Teredes que buscar os ollos que vos observan e que agardan ser lidos!

17 de mar. de 2017

A maior flor do mundo

No recreo de hoxe achegamos a curta "A flor máis grande do mundo" dirixida por Juan Pablo Etcheverry con música de Emilio Aragón. Está baseada na obra de José Saramago "A maior flor do mundo".

15 de mar. de 2017

Ruta escornabot

O pasado martes mantivemos unha conversa co alumnado do CEIP Serra-Vincios (Gondomar) no que puidemos observar o moito que saben, a cantidade de traballo e ideas que hai nos centros públicos galegos.
Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...