21 de maio de 2018

ESCORNABOT A.L.





TABOLEIRO DE ESCORNABOTS CON PICTOGRAMAS E DADO IMPRESO EN 3D
Este xogo para usar co escornabot está pensado para adestrar vocabulario e a súa integración en campos semánticos fundamentalmente co alumnado que utiliza como sistema aumentativo ou alternativo de comunicación o SPC. Así mesmo, é útil para incrementar o léxico comprensivo e produtivo e mellorar procesos como a atención, a percepción ou memoria con todos os nenos e nenas.

O material necesario consta dun taboleiro con 24 casillas con pictos, un dado de campos semánticos intercambiables pegados con velcro tamén en SPC, e o noso escornabot. O neno ou nena terá que tirar o dado e buscar o léxico que corresponda levando o escornabot polos cadros. Por exemplo, se nos sae o de “animais”, imos a cabalo, gato… proporcionándolle ao alumnado as axudas precisas.


TABOLEIRO DE DISCRIMINACIÓN AUDITIVA CON IMAXES
E CÓDIGOS QR

Este taboleiro utiliza códigos QR para ler cunha tableta e está ideado para usar o escornabot. Está formado por un taboleiro de 24 casillas que combina códigos numerados con imaxes e unha ruleta con números.
Os nenos e nenas tiran a ruleta e obteñen un número, no panel levarán o escornabot ao código con ese número e ao lelo co dispositivo daralles paso a un audio cun son de obxectos, animais, etc. O obxectivo é que identifiquen o son e dirixan o robot á imaxe que o representa, como por exemplo, o son de auga co río.
Este taboleiro está pensado para exercitar a discriminación auditiva de sons do ambiente co obxecto de que o alumnado de audición e linguaxe progrese nestas habilidades. Tamén resulta didáctico para o resto de nenos e nenas xa que adestran vocabulario, capacidade de asociación, memoria auditiva, atención…




TABOLEIRO DE DISCRIMINACIÓN ENTRE ERRE SUAVE E ERRE FORTE
Os materiais utilizados neste xogo son o escornabot, un panel con 16 casillas con imaxes, as tarxetas coas adiviñas e a tarxeta de solucións.
O obxectivo deste material é adestrar a discriminación entre os fonemas alveolar vibrante simple e o múltiple, e está orientado á discriminación, aprendizaxe e xeneralización destes fonemas en particular e á estimulación do proceso lectoescritor en xeral.
A dinámica do xogo é a seguinte: collemos unha tarxeta e o mestre ou o alumno/a len en voz alta a adiviña. A continuación teñen que decir a solución e levar o escornabot á ilustracións que a represente especificando se o nome ten erre forte ou suave. Para que se poida xogar de xeito autónomo, inclúense na parte de atrás das adiviñas a palabra correspondente e engádese unha tarxeta na que se nos aclara se o nome de que se trata leva un tipo de erre ou outro.







18 de maio de 2018

EDUCACIÓN VIARIA



1.Colle unha sinal.
2. Adiviña que significa ese sinal.
Leva o escornabot ata ese sinal.

16 de maio de 2018

MARÍA VICTORIA MORENO.


María Victoria Moreno é a homenaxeada no día das nosas letras. Para recordala realizamos diversas actividades desde o EDLG  e desde o de biblioteca:
  • Caricatura da autora. Cada neno debuxou a súa María Victoria tal é como a vía para posteriormente `pegala no marco da foto.
  • Entrega dun marcapáxinas. 
  • Nun breve acto dramatizouse a súa obra así como o recitado dun breve fragmento do libro                            " Eu canto, ti cantas."






Paralelamente recitáronse poemas da obra mestra de Manuel María e ata nos deu tempo a cantar "No niño novo do vento " de Cunqueiro e rematamos co himno galego.




Tamén realizamos a entrega de premios do CERTAME LITERARIO, concurso no que os nenos e nenas mostran as súas dotes creativas inventado contos, cómics, poesías, realizando debuxos... neles vese que están empapados do mundo LENDARIO . Parabéns!!



As persoas estamos feitas para levar  adiante os  proxectos máis fermosos.

14 de maio de 2018

RECTA FINAL DO RETO DE LEOTECA!!!


Noraboa a todos os que seguides contestando aos retos! Estádelo facendo moi ben, así que moito ánimo, porque xa queda pouco. A pregunya desta semana é a seguinte:
Que quería facer Ladislau na consulta do dentista? Buscade a resposta no libro
82-34
LLU
vam
Como está semana o xoves é festivo, deixámovos ata o martes 22 para contestar. Moito ánimo e sorte.


6 de maio de 2018

4º FASE DO RETO DE LEOTECA



A seguir respondendo así de ben no seguinte reto. Os lectores insaciables eran 2!!! Aí vai a seguinte pregunta:
     Como se titula o segundo capítulo do libro O corazón do bosque?
 SINATURAS ( 82N-G FER cor). Está en lectores autónomos!!! Moita sorte.


1 de maio de 2018

3º FASE DO RETO DE LEOTECA

Felicidades a todos e todas! Esta vez houbo pleno de acertos. O esqueleto estaba lendo diario sport, unha revista deportiva. Esta semana teredes que consultar o blogue.  Tedes que atopar os " lectores insaciables" do ano pasado. A buscar!!! Tedes ata o venres 4 de maio para contestar. Ánimo!!


SEMANA DO LIBRO E DA LECTURA


Abrir un libro invita a viaxar a través da imaxinación. Un libro é sen dúbida un billete precioso para coñecer outras culturas ou outros mundos. Esta semana , para recordar a importancia do libro, no
colexio fixemos varias actividades. Este é o ligazón do vídeo: 

Unha semana chea de lectura


  • Exposicións de libros distintos. Libros con QR, libros en 3D, libros de realidade aumentada...así como o visionado dunha curta.
  • Visita ao Pazo da Cultura para desfrutar de distintas obras e para ollar libros e traballos feitos polas escolas da zona coa temática MULLERES DE CONTO.







































  • Apadriñamento lector. Todo o colexio ou era afillado ou padriño e lían ou escoitaban un conto na hora de ler no patio.
Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...