Estas dúas semanas tocoulle a mamá de Clara e Raúl contar uns contos para infantil e 1º e 2º . Como nos gustaron!! Un deles estaba relacionado coa temática de Lendario.
26 de abr. de 2018
NAIS E PAIS DE CONTOS
22 de abr. de 2018
2º FASE DO RETO DE LEOTECA.
Esta semana a pregunta do reto é a seguinte.
QUE ESTÁ LENDO O ESQUELETO NA PORTADA DO LIBRO " O ESQUELETO"? Unha pista... en vermello tedes que atopar a SIGNATURA 82-34 LLU esq. Moito ánimo e a buscar!!
16 de abr. de 2018
O RETO DE LEOTECA
Boas, este ano Leoteca quere comprobar se sabemos desenvolverse no seu blogue e na biblioteca, para iso vaivos propoñer neste trimestre unha serie de preguntas. A POLA PRIMEIRA:
CANTOS ICONOS DIFERENTES HAI PARA CATALOGAR OS ICONOS DE INFANTIL?
Tedes ata o 19 de abril para contestar e meter o carnet na caixa do reto de Leoteca.
CANTOS ICONOS DIFERENTES HAI PARA CATALOGAR OS ICONOS DE INFANTIL?
Tedes ata o 19 de abril para contestar e meter o carnet na caixa do reto de Leoteca.
14 de abr. de 2018
Homenaxe a Manuel María
Canción Galiza- Suso Vaamonde
13 de abr. de 2018
Intercambio de experiencias co CPI Alcalde Xosé Pichel
A finais do mes de marzo o alumnado de 6º de EP do noso centro compartiu unha xornada moi especial co alumnado de 6º de EP do CPI Acalde Xosé Pichel. Esta actividade estivo dividida en dúas partes: a primeira parte foi un encontro deportivo no que os nenos e nenas puideron participar de diferentes xogos. A segunda parte consistiu nunha visita a súa biblioteca. Explicáronnos un pouquiño o funcionamento da mesma e representaron un contacontos moi divertido para nós!
Queremos agradecer ás nenas e nenos do CPI Alcalde Xosé Pichel a súa invitación e o gran acollemento que nos fixeron . Como xa sabedes estades convidados neste terceiro trimestre a vir ao noso centro para levar a cabo outro intercambio deportivo e para coñecer Leoteca. Tamén teremos preparada algunha sorpresiña!
Queremos agradecer ás nenas e nenos do CPI Alcalde Xosé Pichel a súa invitación e o gran acollemento que nos fixeron . Como xa sabedes estades convidados neste terceiro trimestre a vir ao noso centro para levar a cabo outro intercambio deportivo e para coñecer Leoteca. Tamén teremos preparada algunha sorpresiña!
No seguinte vídeo está reflexada a xornada, ata proto!
11 de abr. de 2018
VAI DE ESCORNABOT
Leoteca está encantada porque ten novos paneis de escornabot para xogar. Mari , mestra de 3 anos, e Elena, mestra de inglés, realizaron uns paneis fantásticos. Este panel foi feito integramente por alumnos voluntarios de 5º e 6º. Ademais, fixeron unha videoconferencia con Barrionovo, e compartiron os seus materiais.
No primeiro tes que coller unha carta da baralla e levar o escornabot ata esa personaxe mitolóxica.
No seguinte vídeo algunhas nenas de 6º explican aos nenos de Barrionovo como o escornabot pode saír do laberinto.

Os nenos de 3º tamén realizaron un taboleiro escornabot onde tiñan que levar a personaxe mitolóxica ao seu fogar.
25 de mar. de 2018
Vai de signos
Existen moitas lendas e mitos entorno as constelacións e os signos do zodiaco. Este ano estámolas a estudiar no PDI Lendario. Coa impresora 3 D realizamos , para cada neno, un colgante co seu signo de zodiaco.O MEU SIGNO DO ZODIACO
23 de mar. de 2018
A galiña e os pitos

Cóntase que o día de San Xoán,
antes de raiar o sol, anda unha galiña con pitos de arredor destas pedras.
Unha señora
da zona comentou o seguinte: “ Para ir ao muíño eu tiña que pasar por estas
pedras, e díxenlle a miña nai que o día de San Xoán, ben cedo, me mandara á aceña moer o millo,
para poder ver a galiña. Fun, pero non a vin”.
Esa galiña veu a biblioteca, e deixou ovos espallados. Menos mal que se atoparon todos. Ademais realizamos a galiña coa impresora 3D.
SEMANA DA POESÍA
Esta semana celebramos na biblioteca a semana da poesía. Antonio García Teijeiro foi o inventado de honor. Grazas por navegar polo mar dos nosos soños!
As fadas tamén visitaron a biblioteca e axudámoslle a escribir unhas poesías en follas. Para rematar, no recuncho Einsten apareceu unha flor e, coa axuda do microescopio, tiñamos que investigar se desa flor nacería unha fada, ademais de intentar recoñecer as partes dunha flor.
22 de mar. de 2018
Saída de lenda pola contorna.
Tamén lle debemos estar moi agradecidos a Xan e Evaristo, verdadeiros expertos da zona, que fixeron de guías!
VIDEO SAÍDA POLA CONTORNA
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)