Onte tivemos unha visita moi especial en Leoteca para o alumnado de 1º e 2º de EP. Estivo a escritora María Canosa. Veu a falar dos seus libros de poemas "Acuario" e "Acuario2" xa que son os libros que leron os nenos e nenas para esta ocasión. Ademais das preguntas que os rapaces/as expuseron, aproveitamos o momento tamén para facerlle unha entrevista na nosa Radio Canosa- Onda. Tamén lle asinou os libros ás nenas e nenos. Moitas grazas María de parte do CEIP Canosa- Rus.Volve pronto!
22 de maio de 2019
18 de maio de 2019
Feira conCIENCIAte: 30 de maio
.
Xa estamos chegando á recta final do noso PDI conCIENCIAte e para iso estamos preparando no cole a Feira conCIENCIAte. Será o vindeiro xoves 30 de maio de 9:45h a 12:00h. Cada familiar que confirmou asistencia recibirá estes días unha pegatina co nome do grupo no que visitará a feira. É moi importante traer a pegatina ese día. Rogamos puntualidade xa que pecharemos as portas cando comece a actividade.
Desexamos que vos guste moito . As nenas e os nenos están moi ilusionados/as coa preparación desta feira . Un ano máis grazas pola vosa colaboración e asistencia.
(Invitación elaborada por alumnado do centro)
Se picades no seguinte enlace podedes ver a nova publicada na Voz de Galicia coa información enviada polo alumnado de 6º de EP coa información sobe a Feira.
Centros seleccionados de Voluntariado de lectura-A (primaria)
O Portal Educativo vén de publicar a Resolución de 7 de maio de 2019, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos pola que se resolve a acción integrada no programa "Bibliotecas Escolares Solidarias" deste curso 2018/2019: Voluntariado de lectura-A (primaria). Participaron un total de 82 centros, dos que se seleccionaron 10 pola calidade e variedade nas actividades neste ámbito.O noso centro foi un dos seleccionados. Noraboa ao alumnado de 5º e 6º que fan a labor de voluntariado na biblio do noso cole!
Para acceder a Resolución podedes picar na seguinte imaxe
E se picades enriba da foto podedes acceder á nova da Voz de Galicia relacionada co tema.
7 de maio de 2019
Visita en Leoteca dos servizos de emerxencia
Hoxe tivemos unha visita en Leoteca para o alumnado de 4º de EI a 4º de EP. Viñeron os servizos de emerxencia: un bombeiro de A Coruña e un axente de Protección Civil de Coristanco. Explicáronnos en que consiste o traballo dos bombeiros , como actuar en caso dunha emerxencia e en concreto como actuar en caso de que haxa un incendio no cole. Practicamos o recorrido de evacuación dende as aulas e puideron ver parte do material que se utiliza nos incendios. Aquí podedes ver algunhas imaxes. Grazas pola vosa colaboración!
4 de maio de 2019
Biólog@s para os máis pequenos.
Este venres dous biologos, familiares dunha nena de 4 anos, ensináronlle aos máis pequenos a plantar lentellas e a observar a importancia de lavar as mans a través dun experimento. Grazas!!
29 de abr. de 2019
VISITA DE ADCOR
Dentro do noso PDI estamos a traballar e a estudar aquelas persoas que investigan a prol do medio ambiente. Os usuarios de ADCOR explícaronlle os nenos de 5º e 6º como reutilizan unha loa publicitaria e a utilizan para facer outros productos. Grazas.
19 de abr. de 2019
SEMANA DO LIBRO
ao leres irás voando
nun paxaro de papel,
na folliña dun poema
que tiraches do andel,
viaxe ao fondo das preguntas:
o libro leva a contraria
ao “así foi e así será”
a toda a rutina diaria
pois a lectura é rabuda,
descrida e impertinente
aprende a desaprender
a mirar con outra lente
a gozar co máis difícil
turrar da porta até que abra
entrar no descoñecido
beber viño de palabras
Marilar Aleixandre
Con este texto na nosa mente ollade as actividades que fixemos na semana do libro:
1. Os nenos de segundo , cuarto e sexto fixeron audiocontos na radio.
2. Intercambiamos as nosas lecturas preferidas co colexio Xesús San Luís Romero. Todos fixeron unhas recomendacións fantásticas.Os nenos de primeiro elaboraron códigos QR para mostrar os contos que máis lle gustaron e os de sexto recomendaron libros pola radio .
3. Estrenamos o recuncho escornacontos. No Espazo Feito con Xeito os maiores contaron o conto de Marie Curie e os nenos tiñan que relacionar o que lle contaban cun debuxo e levar o escornabot ata a imaxe correspondente. Para que resultara máis complicado elaboráronse obstáculos cientifícos feitos coa impresora 3D.
4. Os maiores tiveron un afillado ou afillada ao que lle ler un conto.
5. Celébramos a nosa semana coincidindo coa semana do libro de Carballo, que este ano leva de lema REVOLUCIÓN. Algúns cursos puideron desfrutar das distintas actividades.
Etiquetas:
concienciate,
radio,
ROBOT,
robots,
semana do libro
3 de abr. de 2019
BIBLIOTECA COMPARTIDA.-
Hoxe acudiron os nenos e nenas de 5º e 6º do CPI XOSÉ PICHEL E CEIP AGUALADA para compartir unha xornada cos nosos maiores. Entre outras actividades os nenos de 5º e 6º representaron unhas obra de teatro, contaron relataros de Contos por teléfono , presentaron o espazo creativo... Que ben o pasamos!!
Etiquetas:
animación a lectura,
encargados,
espazo creativo,
ROBOT,
robots
2 de abr. de 2019
Visita da cadela Malibú
Hoxe as nenas e nenos de 1º e 2º de EP tiveron unha visita moi especial na biblioteca. Estivo a cadela Malibú! Esta cadela veu con Adriana e xuntas ensináronnos a importancia de coidar moito aos animais, de non abandonalos, de querelos e mimalos moito, etc. A historia de Malibú ten un final final grazas ás boas persoas que a axudaron e a levaron á Casa Grande de Xanceda que é onde vive actalmente. Moitas grazas a Adriana e a Malibú! Leoteca invítavos a volver cando queirades!
Dende aquí podedes acceder ao blogue de Mailú
1 de abr. de 2019
CHARO PITA NA BIBLIOTECA.
A escritora Charo Pita formou os nenos de cuarto de primaria en expresión oral. Mediante xogos de voz, poemas dos escritores e escritoras galegos máis importantes... axudou aos nenos e nenas a adentrarse no mundo do teatro dunha forma máis amena.
Etiquetas:
expresión oral,
lectura,
POETICAS DIVERSAS,
Radio na biblio
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)














