14 de maio de 2018

RECTA FINAL DO RETO DE LEOTECA!!!


Noraboa a todos os que seguides contestando aos retos! Estádelo facendo moi ben, así que moito ánimo, porque xa queda pouco. A pregunya desta semana é a seguinte:
Que quería facer Ladislau na consulta do dentista? Buscade a resposta no libro
82-34
LLU
vam
Como está semana o xoves é festivo, deixámovos ata o martes 22 para contestar. Moito ánimo e sorte.


6 de maio de 2018

4º FASE DO RETO DE LEOTECA



A seguir respondendo así de ben no seguinte reto. Os lectores insaciables eran 2!!! Aí vai a seguinte pregunta:
     Como se titula o segundo capítulo do libro O corazón do bosque?
 SINATURAS ( 82N-G FER cor). Está en lectores autónomos!!! Moita sorte.


1 de maio de 2018

3º FASE DO RETO DE LEOTECA

Felicidades a todos e todas! Esta vez houbo pleno de acertos. O esqueleto estaba lendo diario sport, unha revista deportiva. Esta semana teredes que consultar o blogue.  Tedes que atopar os " lectores insaciables" do ano pasado. A buscar!!! Tedes ata o venres 4 de maio para contestar. Ánimo!!


SEMANA DO LIBRO E DA LECTURA


Abrir un libro invita a viaxar a través da imaxinación. Un libro é sen dúbida un billete precioso para coñecer outras culturas ou outros mundos. Esta semana , para recordar a importancia do libro, no
colexio fixemos varias actividades. Este é o ligazón do vídeo: 

Unha semana chea de lectura


  • Exposicións de libros distintos. Libros con QR, libros en 3D, libros de realidade aumentada...así como o visionado dunha curta.
  • Visita ao Pazo da Cultura para desfrutar de distintas obras e para ollar libros e traballos feitos polas escolas da zona coa temática MULLERES DE CONTO.







































  • Apadriñamento lector. Todo o colexio ou era afillado ou padriño e lían ou escoitaban un conto na hora de ler no patio.

26 de abr. de 2018

NAIS E PAIS DE CONTOS

Estas dúas semanas tocoulle a mamá de Clara e Raúl contar uns contos para infantil e 1º e 2º . Como nos gustaron!! Un deles estaba relacionado coa temática de Lendario.


22 de abr. de 2018

2º FASE DO RETO DE LEOTECA.




Parabens aos que acertastes a pregunta da semana pasada do Reto de Leoteca. En educación infantil hai catro iconos diferentes. Algúns puxestes sete, pero non é correcto porque había que mirar os que eran DIFERENTES, non contalos todos.

Esta semana a pregunta do reto é a seguinte.
QUE ESTÁ LENDO O ESQUELETO NA PORTADA DO LIBRO " O ESQUELETO"? Unha pista... en vermello tedes que atopar a SIGNATURA 82-34 LLU esq. Moito ánimo e a buscar!!

16 de abr. de 2018

O RETO DE LEOTECA

Boas, este ano Leoteca quere comprobar se sabemos desenvolverse no seu blogue e na biblioteca, para iso vaivos propoñer neste trimestre unha serie de preguntas. A POLA PRIMEIRA:

CANTOS ICONOS DIFERENTES HAI PARA CATALOGAR OS ICONOS DE INFANTIL?
Tedes ata o 19 de abril para contestar e meter o carnet na caixa do reto de Leoteca.


14 de abr. de 2018

Homenaxe a Manuel María




 Este ano homenaxeouse desde a Casa Museo de Manuel María o 50 aniversario da primeira edición do libro Os soños na gaiola. O acto tivo lugar no Pazo da Cultura de Carballo e participaron distintos centros. Os nosos nenos de 3º e 5º, puxeron o seu graíño de area, recitando os seus poemas, ilustrándoos e ata elaborando algúns carros.



Canción Galiza- Suso Vaamonde
 

13 de abr. de 2018

Intercambio de experiencias co CPI Alcalde Xosé Pichel

A finais do mes de marzo o alumnado de 6º de EP do noso centro compartiu unha xornada moi especial co alumnado de 6º de EP do CPI Acalde Xosé Pichel. Esta actividade estivo dividida en dúas partes: a primeira parte foi un encontro deportivo no que os nenos e nenas puideron participar de diferentes xogos. A segunda parte consistiu nunha visita a súa biblioteca. Explicáronnos un pouquiño o funcionamento da mesma e representaron un contacontos moi divertido para nós!
Queremos agradecer ás nenas e nenos do CPI Alcalde Xosé Pichel a súa invitación e o gran acollemento que nos fixeron . Como xa sabedes estades convidados neste terceiro trimestre a vir ao noso centro  para levar a cabo outro intercambio deportivo e para coñecer Leoteca. Tamén teremos preparada algunha sorpresiña!
No seguinte vídeo está reflexada a xornada, ata proto!


11 de abr. de 2018

VAI DE ESCORNABOT



Leoteca está encantada porque ten novos paneis de escornabot para xogar. Mari , mestra de 3 anos, e Elena, mestra de inglés, realizaron uns paneis fantásticos. Este panel foi  feito integramente por alumnos voluntarios de 5º e 6º.  Ademais, fixeron unha videoconferencia con Barrionovo, e compartiron os seus materiais.
No primeiro tes que  coller unha carta da baralla e levar o escornabot ata esa personaxe mitolóxica.








 No seguinte vídeo algunhas nenas de 6º explican aos nenos de Barrionovo como o escornabot pode saír do  laberinto.

















Os nenos de 3º tamén realizaron un taboleiro escornabot onde tiñan que levar a personaxe mitolóxica ao seu fogar.





Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...