Leoteca está encantada porque ten novos paneis de escornabot para xogar. Mari , mestra de 3 anos, e Elena, mestra de inglés, realizaron uns paneis fantásticos. Este panel foi feito integramente por alumnos voluntarios de 5º e 6º. Ademais, fixeron unha videoconferencia con Barrionovo, e compartiron os seus materiais.
No primeiro tes que coller unha carta da baralla e levar o escornabot ata esa personaxe mitolóxica.
No seguinte vídeo algunhas nenas de 6º explican aos nenos de Barrionovo como o escornabot pode saír do laberinto.
Os nenos de 3º tamén realizaron un taboleiro escornabot onde tiñan que levar a personaxe mitolóxica ao seu fogar.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Un blog aliméntase dos teus comentarios, grazas por colaborar con nós.