27 de out. de 2019

365 DÍAS DE BIBLIOTECA.



 Facer esta entrada supón reflexionar sobre as bibliotecas. Nós non celebramos o día da biblioteca en si posto que sempre hai actividadades novidosas na biblioteca: contacontos de familias, o comezo do PDI " Amar o Mar", sesións simultáneas e actividades internivel na biblioteca, sesións de cine, teatro lido e gravacións na radio nosa e en radio Voz, novidades de libros, recomendacións lectoras, investigación , manipulación no  noso espazo Feito con Xeito... Aínda así podemos recalcar un puñado de actividades:




  • Booktoubers en 5º ( recomenda sobre todo cómic).


      • Lecturas de obras de teatro en RADIO VOZ. ( a meirande parte relacionadas co PDI Amar o Mar).
      • Apertura do noso Feito con Xeito. Este ano os recunchos levan nomes de océanicas. Os pícaros e pícaras fixeron actividades como:  montar un cubo, un tiburón, xogar a distintos xogos de mesa, montar circuitos eléctricos...










      • Os nenos de infantil acudiron a biblioteca Rego da Balsa para desfrutar duns contos máis que divertidos.


      Ningún comentario:

      Publicar un comentario

      Un blog aliméntase dos teus comentarios, grazas por colaborar con nós.

      Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...