Dende a biblioteca estamos a realizar distintas actividades:
- O alumnado de sexto elaborou unhas receitas simbólicas que gravou na radio. Estas receitas teñen uns ingredientes e unha elaboración moi especial para acabar coa violencia.
- Todos os cursos están a realizar un taboleiro de escornabot onde teñen que escribir nas casillas palabras boas e malas. Coas palabras boas deben realizar un experimento para combatir a violencia de xénero.
3. Contacontos con libros que tratan esta temática:
Os nenos e nenas desde infantil e 4º escoitaron o conto O país dos mandóns.
Os nenos de 5º e 6º escoitaron As nenas voaron alto.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Un blog aliméntase dos teus comentarios, grazas por colaborar con nós.