24 de out. de 2018

24 DE OUTUBRO: DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES.


  Gonzalo Moure , no seu pregón para as bibliotecas escolares 2.018, escribe o seguinte  :

"Nun filme inesquecible, o mellor filme de ciencia ficción da historia, "2001, unha odisea do espazo", aparece un monólito cada vez que o ser humano se dispón a dar un salto cualitativo. Kubrick, o seu director, debeu poñer un libro no seu lugar. Porque foron os libros os que marcaron o ritmo dos cambios do ser humano. Porque o libro é o laboratorio das mulleres e os homes, o lugar no que se experimenta con emocións, descubertas, utopías, apostas. Somos o que somos porque fomos pensando e escribindo sobre como ser e sobre como non ser. E seremos o que pensemos, o que pensen e escriban as vindeiras xeracións. 
Así que unha biblioteca non é só un lugar que convida a ler, senón tamén, ou por iso, un lugar que convida a escribir. As bibliotecas do século XXI so, poden ser, teñen que ser o sementeiro de novas novelas, novos monólitos, fitos do noso futuro. Se o século XX foi sen dúbida o século da lectura, o século XXI pode chegar a ser o século da escritura, xa o está sendo. "
Pois intentemos que isto se consiga.
Na nosa biblioteca hoxe falouse e investigouse sobre a electricidade xa que se inaugurou o recuncho Edison, no que os nenos fedellaron coa mesa de luz, con robots, tocaron o piano cuns cables...


Tamén se agasallou con marcapáxinas e os noos lectores levaron libros de NOVIDADES para ler nas súas casas!! A maior parte deles estaban relacionados co PDI conCIENCIAte.


Pero hoxe tamén houbo algún que outro desgusto.Os nenos e nenas  de 1º  desapareceulle a radio da miña avoa ( para os que non se lembren eu son Leoteca a bruxiña da biblioteca). Teñen que pasar unha serie de probas para que un científico lle devolva a radio. Xa descubriron que o inventor da radio se chama Marconi. Fixo que o van conseguir. 



Teñen que recuperar a radio porque é un medio de comunicación moi importante. Escoitándoo podemos saber cousas tan interesantes como o que dixo unha nena de sexto explicando o que era o espazo creativo.


Ata pronto. En breve subirei as gravacións dos nenos e nenas que participaron en teatro lido e máis anécdotas da nosa biblioteca. E non olvides se queres aventura, lánzate a lectura!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Un blog aliméntase dos teus comentarios, grazas por colaborar con nós.

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...