É dificil ensinar o que pasou o 31 de maio no colexio só con imaxes pero ímolo intentar . Ese día acudiron o colexio as familias para ver o noso producto final de Lendario. Alí estaban esperando os nenos de 6º para recibilas. Chegaron o colexio e escoitaron por megafonía algo que gravaramos no nosa RADIO da biblio CANOSA ONDA.
1º PARADA: MUNDO LENDARIO.
Nesta parada os guías leron un pergamiño que ía ser o fío conductor de toda a exposición! Ademais de explicar a maqueta feita con plantas da zona, bonecos de plastilina... tamén nos falaron de todo o que se vía nese mundo.
Se este pergamiño
chega a vosas mans e porque eu xa estarei presa. Son unha vingadora a que lle encomendaron
unha tarefa para salvar a humanidade: cazar os cinco dragóns e resgardalos nun
lugar seguro para que non os atope o malvado Thanos. Eu intenteino e fracasei. Agora soamente vós
podedes salvar a humanidade. Os dragóns transformáronse en pezas de
crebacabezas e están ciscados polos distintos mundos de esta galaxia chamada Colexio. O que tedes que facer e
reconstruílo pero non é nada doado!! En cada mundo hai seres chamados nenos e
nenas que son moi espelidos que vos farán preguntas sobre seres fantásticos da mitoloxía, sobre os termos que empregaban,
sobre o ceo no que vivían, sobre os heroes daquela epoca... Se acertades daranvos
unha peza do dragón , cando visitedes todos os mundos volveredes ao lugar de partida e alí
intentaredes montar o crebacabezas. Se sodes realmente intelixentes seredes
capaces de reconstruír o dragón para gardalo nunha Caixa e que non volvan a
saír endexamais.
2º PARADA: A EIRA DAS MEIGAS.
Neste mundo os nenos e nenas de 3º falaron da nosa contorna e en concreto, das lendas que arrodean ó Monte Neme. Coa axuda do google maps leváronnos por distintos lugares onde nos contaron historias da Pedra da Arca, dos dolmens...
3º PARADA: SERES MITOLÓXICOS.
Aquí, grazas os nenos de 4º, coñecemos moitos seres mitolóxicos. Despois de facer unha pequena explicación , puidemos ver o visionado dun vídeo que os nenos fixeron con CROMA.
4º PARADA: A NOSA ODISEA
E non podía faltar no PDI Lendario a gran obra de Homero: a Odisea. Con unha breve explicación e cun vídeo realizado en croma adentrámosnos neste mundo da man dos nenos de 2ºB.
5º PARADA:VIAXANDO A TRAVÉS DAS CONSTELACIÓNS.
6º PARADA: GALICIA DE LENDA.
Cantas lendas esconde a nosa Galicia de meigas. A aula de 1º explicou algunha delas coa axuda do escornabot. As familias, da man dos nenos, tiñan que levar o escornabot a lenda que contaran, pero elixindo o medio de transporte correcto.
7º PARADA: A INFLUENCIA DA MITOLOXÍA NA NOSA CULTURA.
O corredor de 5º tiña preparada unha exposición para ensinarnos como a mitoloxía inflúe nos termos que utilizamos, na música, nas expresións...
8º PARADA: MITHONOS. Os nenos e nenas de 6º sorprenderon cun museo dentro da aula onde nos explicaron as distintas mitoloxías do mundo. No chan, unha maqueta xigante, que simulaba a cidade de Mithonos, e onde se movían os escornabots.
9º PARADA: LÚA MÍTICA
Os pequenos do colexio contáronos a lenda do Coello gravado na lúa axudados dunhas láminas ben bonitas.Tamén xogaron co escornabot e coas personaxes do mundo mitolóxico.
PARADA 10: CANOSA ONDA. Os visitantes máis atrevidos foron convidados a radio para dar a súa opinión. En breve colgarémolas na radio!
PARADA 11: Despois de conseguir as pezas do dragón, que se realizaron coa impresora 3D, montouse o dragón.
E recordade a mensaxe deste último vídeo:
Aquí descansan os restos dos dragóns máxicos. Se co paso do tempo nos imos convertindo en seres sen imaxinación , nin creatividade. Ou se por calquera razón esquecemos a importancia de soñar, crear, pensar... debedes abrir esta caixa. GARDEMOS ESTES ANAQUIÑOS DE MAXIA, para cando as nosas mentes se esquezan de todo o que somos capaces.
Aquí descansan os restos dos dragóns máxicos. Se co paso do tempo nos imos convertindo en seres sen imaxinación , nin creatividade. Ou se por calquera razón esquecemos a importancia de soñar, crear, pensar... debedes abrir esta caixa. GARDEMOS ESTES ANAQUIÑOS DE MAXIA, para cando as nosas mentes se esquezan de todo o que somos capaces.
A imaxinación é a mellor ferramenta para desenvolver a intelixencia.
Albert Einstein
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Un blog aliméntase dos teus comentarios, grazas por colaborar con nós.