Hoxe os alumnos /as de 4º e 6º de EP fixeron unha saída moi especial a Carballo. Estes grupos teñen a materia de "Aprender a investigar" e as súas primeiras sesións están enfocadas a aprender como se organiza Leoteca e tamén como se organizan outras bibliotecas públicas da contorna.
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEiwMw-dTwY2AGouSbeAL0VFOVFQvaUF8tgIG1juiXhUtxeIsvt2ixTDWVbA813mxGqB1_NYNdiH4EFx9mDEP4sW2Zhiv-s5-GbmKF2IEFaIWXoXwgrbeRuXQIj4NEWd1G7gDjZ4McJDeqzu/s200/IMG_E0779.JPG)
Por este motivo visitaron a
biblioteca Rego da Balsa de Carballo. Alí puideron comprobar como se organizan os libros neste lugar, as seccións coas que contan ,os medios técnicos dispoñibles, a duración dos préstamos... e lles explicaron como acceder a búsqueda de información. A través dun xogo por grupos puidemos comprobar o ben que entenderon como se investiga nos libros desta biblio e comparalo coa nosa Leoteca. Moitas grazas as traballadoras da biblioteca por atendernos tan ben!
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEiG7M9OyVZDPjfRjEitcArUJEbxzXn1DG59Lon2g0jovZiOoqXCniVfNx5HsPfHP_4J9jG_x8kedV4k8-KbBt9FCrv7-8ADk3Ezf-uKCxAx1OUQjbLdH_Bl1OuyEwu5osp0TXEdo36LZ687/s200/IMG_0653.JPG)
Aproveitamos esta saída para levar a cabo unha visita guiada
"Derrumbando muros con pintura" por algunhas das pinturas murais de Carballo. Esta visita foi levada a cabo por Patricia Mañana, técnica de turismo do concello de Carballo e Cristina Castro, artista carballesa que participou en Derrumbando muros con pintura. Algunhas destas obras están relacionados con seres fantásticos e mitolóxicos: mouras, dragón, bosques, etc. e aproveitamos para relacionalo co PDI LENDARIO que estamos a levar a cabo dende Leoteca este curso. Moitas grazas a Patricia e Cristina por esta visita e polo voso traballo!
A continuación podedes ver algunhas das imaxes da xornada!
E lembrade que o vindeiro día 24 de outubro celébrase o DÏA DA BIBLIOTECA! Estades moi atentos/as, xa que Leoteca nunca deixará de sorprendernos!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Un blog aliméntase dos teus comentarios, grazas por colaborar con nós.