Esta semana dende Leoteca puxemos en práctica unha nova actividade de animación á lectura: " O apadriñamento lector".
Consistiu en que os nenos/as de 4º,5º e 6º de EP tiveron apadriñado a un neno/a de EI durante a hora de ler do pasado martes. Cada madriña/padriño elexiu un conto para lerlle ao seu afillado/a nun recuncho do patio. Foi unha actividade moi positiva en canto a lectura, motivación e convivencia entre as diferentes aulas do centro e os nenos/as disfrutaron moitísimo contando e escoitando os contos. Podedes ver as imaxes no seguinte vídeo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Un blog aliméntase dos teus comentarios, grazas por colaborar con nós.