18/05/2015

EXPO Rus entre planetas

Estamos comezando a quentar motores da nosa nave, en poucos días comezará a conta atrás, estade atentos que DESPEGAMOS!
Durante todo o curso desenvolvéronse diferentes actividades dentro do PDI "Rus entre planetas" e como colofón a este traballo, o alumnado de Educación Infantil e Primaria presentará á comunidade educativa a EXPO Rus entre planetas o próximo mércores 20 de maio ás 14:45h.
Nela recolleranse os traballos desenvolvidos durante o curso, mostrarase o planetario elaborado entre os diferentes cursos e na inauguración exporán aos pais e nais o proceso de investigación desenvolvido.
Aqueles/as que non asistan á inauguración poderán seguir a visita no canal youtube do CEIP Canosa-Rus, no horario detallado.
A partir do mércores a exposición quedará aberta a toda a comunidade educativa para que poidan visitala e aprender o que nos descubrimos sobre o Sistema Solar e observar o planetario elaborado polo alumnado. Ademais, a través de teléfonos intelixentes, poderase ampliar a información con vídeos e outros recursos de realidade aumentada, no cartel recomendamos diferentes aplicacións válidas para distintos sistemas operativos.
En próximos días, tanto na páxina web do centro como neste blogue, colgaremos imaxes e vídeos explicativos da nosa exposición.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Un blog aliméntase dos teus comentarios, grazas por colaborar con nós.

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...