05/02/2015

Un monte medrou na biblioteca!

Ola nenos/as! Hoxe estiveron na biblioteca Eva e Jose da Asociación ambiental Senda Nova, dentro do proxecto Montentérate, que trata de que os alumnos/as tomen conciencia da importancia dos bosques para a vida no planeta, da relevancia de respetalos e coidalos. Explicáronlle ao alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria as características, a vexetación, a fauna e a historia dos bosques que existen na comarca, así como diferentes aspectos a ter en conta para o seu coidado.


Durante a charla xurdiron numerosas preguntas e dúbidas entre os nenos/as; tamén nos mostraron imaxes e vídeos para ilustrar as súas explicacións.
Na biblioteca hai diferentes obras nas que coñecer máis sobre a nosa comarca de Bergantiños, e é que non todo vai ser viaxar polo espazo! Vos deixamos unhas cantas mostras de libros para coñecer o noso entorno máis próximo e os bosques.

VIAXE POLO CORAZÓN DE BERGANTIÑOS. ED. EMBORA.

COMARCA NATURAL DE BERGANTIÑOS.

A COMARCA DE BERGANTIÑOS.

LOS BOSQUES. ED. PLANETA.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Un blog aliméntase dos teus comentarios, grazas por colaborar con nós.

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...