14 de xuño de 2020
12 de xuño de 2020
8 de xuño de 2020
CONTACONTOS NA REDE : "DE TAL CUENTO, TAL ASTILLA"
Ola a todas e todos!
Hai moitos contos novos no canal " De tal cuento, tal astilla", narrados por Erica González, queredes velos?
Estade moi atentas e atentos e que desfrutedes moito destas historias!
Hai moitos contos novos no canal " De tal cuento, tal astilla", narrados por Erica González, queredes velos?
Estade moi atentas e atentos e que desfrutedes moito destas historias!
"UN CAMALEÓN Y EL COLOR DE SU CORAZÓN"
"HACHE QUIERE SER CANTANTE"
"ESFUERZO, UN GIGANTE INFINITO"
"UNA RECETA PARA SER FELIZ"
"LA LEYENDA DE TANABATA"
7 de xuño de 2020
Comunicado especial!
Leoteca quedou moi impresionada con todas as vosas mensaxes, e quere que vexades o seu novo vídeo, moi atentos e atentas!
Lembrade que se queredes contestar a Leoteca podedes enviarlle as vosas respostas ás profes de infantil. Moitos bicos.
Posdata: Un pequeno secreto, Leoteca díxonos que sodes uns superhéroes!
31 de maio de 2020
Extra, extra! Leoteca ten unha importante noticia.
EXTRA, EXTRA, LEOTECA TEN UN COMUNICADO PARA A RAPAZADA DE INFANTIL!
Podedes mandarlle a vosa resposta ao correo das profes, que elas seguro que saberán onde atopala.
26 de maio de 2020
AVALIAMOS A BIBLIOTECA.-
Coa intención , por unha banda ,de seguir mellorando desde a biblioteca escolar e por outra, coller folgos para o vindeiro ano , agradecemos que cumplimentedes a seguinte enquisa. Soamente debedes entrar na que se corresponda ao voso perfil ( familia, neno ou nena de 4º,5º e 6º, ou mestre) e dárlle a enviar. Agradecemos que empleedes un anaquiño do voso tempo para responder a enquisa.
25 de maio de 2020
TRABALLOS ELABORADOS POLO NOSO ALUMNADO: LETRAS GALEGAS E MÁIS!
Ola nenos e nenas, son Leoteca:
Hoxe escribo para contarvos o orgullosa
que me sinto e todos vós! Acaba de caer nas miñas mans o vídeo que ides a ver a
continuación. Nel aparecen moitos dos vosos traballos elaborados tanto para o
PDI “Amar o mar” como para as Letras Galegas. Sobre todo está centrado na banda deseñada
(cómics ) , debuxos, poesías e caricaturas do autor homenaxeado, Ricardo
Carballo Calero. E ademais este vídeo ten uns presentadores moi especiais!
Mirade, mirade...
No seguinte enlace podedes entrar no blog do Equipo de dinamización da
Lingua Galega do cole, “Vente Vindo” e atoparedes máis traballos vosos. Ao
longo dos días aínda aparecerán máis.
De verdade que estou impresionada co que traballades nenas e nenos do CEIP
Canosa-Rus! Bótovos moitísimo de menos, pero xa queda un chisquiño menos para vernos,
seguide así e moitas gracias por todo o voso traballo! Espérovos coidando da
biblio do cole. Unha forte aperta. Leoteca.
14 de maio de 2020
LIBROS NA DISTANCIA
Unha das miñas máis grandes preocupacións é que non leades. Ando sempre a argallar como podedes facer. Aquí teño unha gran solución. Se botades de menos a colección Xerónimo, os cómics, os libros de investigación, libros para os pequenos, películas .... soamente debedes entrar nesta páxina:
Nela rexistrádesvos, se tedes o carné da biblioteca de Carballo non fai falta que o fagades, e podedes desfrutar de infinidade de libros. Estarei encantada de que me reenviedes o libro que estades a ler. Prometo contestar os correos. Animádevos.
Biquiños Voadores.
29 de abr. de 2020
O CAMIÑO DOS FAROS.
No PDI “Amar o mar” non puidemos deixar pasar os faros, os grandes gardiáns do mar. O alumnado de 4º e 5º crearon e investigaron sobre estas belas construcións. Centráronse no Camiño do Faros e nas súas historias. A través de maquetas que fixeron con axuda das familias, traballos de investigación e deseños na impresora 3D para xogar cos escornabots coñeceron un pouquiño máis este fantástico patrimonio.
O CAMIÑO DOS FAROS
CAMIÑO DOS FAROS
A maioría da información foi extraída de: http://www.caminodosfaros.com/
Creacións do noso alumnado.
Quizás algún día os nosos pequenos sexan escritores. Se pinchades nos enlaces pódense ver algúns dos seus escritos.
CUENTO
CONTOS
POESÍAS
CONTOS NORMALIZACIÓN
MÁIS CONTIÑOS
CUENTO
CONTOS
POESÍAS
CONTOS NORMALIZACIÓN
MÁIS CONTIÑOS
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)











