29 de abr. de 2019

VISITA DE ADCOR

Dentro do noso PDI estamos a traballar e a estudar aquelas persoas que investigan a prol do medio ambiente. Os usuarios de ADCOR explícaronlle os nenos de 5º e 6º como reutilizan unha loa publicitaria e a utilizan para facer outros productos. Grazas.


19 de abr. de 2019

SEMANA DO LIBRO


ao leres irás voando nun paxaro de papel, na folliña dun poema que tiraches do andel, viaxe ao fondo das preguntas: o libro leva a contraria ao “así foi e así será” a toda a rutina diaria pois a lectura é rabuda, descrida e impertinente aprende a desaprender a mirar con outra lente a gozar co máis difícil turrar da porta até que abra entrar no descoñecido beber viño de palabras 
Marilar Aleixandre

Con este texto na nosa mente ollade as actividades que fixemos na semana do libro:
1. Os nenos de  segundo , cuarto e sexto fixeron audiocontos na radio. 
2. Intercambiamos as nosas lecturas preferidas co colexio Xesús San Luís Romero. Todos fixeron unhas recomendacións fantásticas.Os nenos de primeiro elaboraron códigos QR para mostrar os contos que máis lle gustaron e os de sexto recomendaron libros pola radio .
3. Estrenamos o recuncho escornacontos. No Espazo Feito con Xeito os maiores contaron o conto de Marie Curie e os nenos tiñan que relacionar o que lle contaban cun debuxo e levar o escornabot ata a imaxe correspondente. Para que resultara máis complicado elaboráronse obstáculos cientifícos feitos coa impresora 3D.
4. Os maiores tiveron un afillado ou afillada ao que lle ler un conto.

5. Celébramos a nosa semana coincidindo coa semana do libro de Carballo, que este ano leva de lema REVOLUCIÓN. Algúns cursos puideron desfrutar das distintas actividades.
 









3 de abr. de 2019

BIBLIOTECA COMPARTIDA.-

        Hoxe  acudiron os nenos e nenas de 5º e 6º  do CPI XOSÉ PICHEL E CEIP AGUALADA para compartir unha xornada cos nosos maiores. Entre outras actividades  os nenos de 5º e 6º  representaron unhas obra de teatro, contaron relataros de Contos por teléfono , presentaron o espazo creativo... Que ben o pasamos!!










2 de abr. de 2019

Visita da cadela Malibú


Hoxe as nenas e nenos de 1º e 2º de EP tiveron unha visita moi especial na biblioteca. Estivo a cadela Malibú! Esta cadela veu con Adriana e xuntas ensináronnos a importancia de coidar moito aos animais, de non abandonalos, de querelos e mimalos moito, etc. A historia de Malibú ten un final final grazas ás boas persoas que a axudaron e a levaron á Casa Grande de Xanceda que é onde vive actalmente. Moitas grazas  a Adriana e a Malibú! Leoteca invítavos a volver cando queirades!


Dende aquí podedes acceder ao blogue de Mailú


1 de abr. de 2019

CHARO PITA NA BIBLIOTECA.

         A escritora Charo  Pita formou os nenos de cuarto de primaria en expresión oral. Mediante xogos de voz, poemas dos  escritores e escritoras galegos máis importantes... axudou aos nenos e nenas a adentrarse no mundo do teatro dunha forma máis amena.


31 de mar. de 2019

Coñecendo os laboratorios do Parga Pondal.


 Seguimos cos movementos de saída dentro do PDI conCIENCIAte.Os nenos e nenas de 4º,5º e 6º visitaron os laboratorios do IES Parga Pondal. Alí, dúas mestras , invitáronos a adentrarnos na investigación da física e da química. Descubriron, a través da elaboración de diferentes experimentos, un pouco máis sobre a presión a electricidade, a auga, a mestura de distintos compoñentes... Moitas grazas!!!!



Marie Curie na porta da aula de inglés.-

Unhas nenas de quinto, xunto coa mestra de inglés, elaboraron o retrato da gran Marie Curie! Que artistas!!


26 de mar. de 2019

Hoxe lenos...


Hoxe na hora de ler, catro compañeir@s de 2º de EP ( Carla, Noelia, Pablo e María) contáronlle o conto de " O galo Quirico" aos nenos/as de 1º e 2º de EP. 
Este conto ensinounos a importancia de dicir a verdade sempre. Grazas por contarnos esta historia compañeir@s!




1º programa "Come ben"

Seis nenos/as de 2º de EP levan un tempo preparando o primer programa dunha nova sección da nosa radio que se chama "Come ben". Nesta sección trataranse diferentes temas relacionados coa alimentación do noso centro. Neste primer programa falan entre outras cousas dos menús de fin de mes, de quen inventou a radio, etc e tamén fanlle unha entrevista a nosa cociñeira Rosa que nos explica moitas cousas. Moitas grazas a@s rapac@s e a Rosa!




Para poder escoitar o programa picade no seguinte enlace:


                                                   Come ben.Segundo comunica.








Unha visita moi especial en "Canosa onda"

A semana pasada viñeron de visita ao cole seis compañeiras de 6º do curso anterior ao noso que agora cursan 1º da ESO. Aproveitamos a ocasión para entrevistalas na radio. Foron dous nenos de 2º de EP, Pablo P. e Lucía L. os entrevistadores. O programa esta dentro da sección  "Canosa xente" e o podedes escoitar no seguinte enlace. Grazas pola visita!



 Para escoitar o programa podedes picar no seguinte enlace:
Ca nosa xente. antigas alumnas.2º comunica



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...