Fai dúas semanas, Leoteca tróuxonos un novo regalo para xogar cos escornabots: unha mesa que nos permitirá facer novas actividades, como por exemplo, os "Escornacontos Científicos". Proximamente vos iremos informando.
De momento, so decirvos que a inaugurou unha persoa moi especial: Anxo Carracedo, que veu a visitarnos e guiou ao escornobot por algúns dos concellos galegos importantes na súa vida.
Agradecémoslle ao CEIP Pepe de Xan Baña, de Santa Comba, que nos aportou a idea dentro do curso de bibliotecas creativas que se celebrou en Santiago. Moitas gracias compañeir@s. Seguro que esta mesa a imos a disfrutar moito!!!!
28 de feb. de 2019
27 de feb. de 2019
Outra visita moi especial: JORGE MIRA. O famoso físico explicounos curiosidades sobre a ciencia ao alumnado de 4º, 5º e 6º de Primaria, por exemplo,como afecta a gravidade aos corpos, a cantidade de estrelas que hai comparándoas con graniños e area, como serían os seres vivos se houbese vida noutros planetas, ... tamén dedicou un tempo a falar da súa profesión, das materias que lle gustan... E como gran cientíco tamén nos falou do medioambiente, e se puidese crear un invento sería un aparello para paliar este problema.
GRAZAS POR TRANSMITIR O AMOR POLA CURIOSIDADE.
UN PRACER.
Etiquetas:
concienciate,
IMPRESIÓN 3D,
PDI,
ROBOT,
VIDEOCONFERENCIA
25 de feb. de 2019
RECORDANDO A ROSALÍA DE CASTRO.
Quen nunca recitou un poema de Rosalía de Castro? Fagamos memoria recordando a escritora máis importante de Galicia,escoitando uns poemas recitados polos nenos e nenas de sexto.
GALEGUIÑOS 3D
Atención!! Os nenos e nenas de sexto estamos organizando e montando unha pequena empresa chamada GALEGUIÑ@S 3D para recaudar cartos para a excursión de fin de curso. Venderemos colgantes, chaveiros, obxectos de edición limitada... todo feito coa impresora 3D e con material de refugallo. Esperámosvos o venres 1 de marzo no colexio. Acercádevos que val a pena.
NAIS E PAIS DE CONTOS.
Hoxe na biblioteca unha mamá dunha nena de terceiro contou un conto moi especial " O caramelo sen sabor e sen cor". Grazas Ivana e Aldara por transmitirnos o valor da cooperación a través deste conto. O marcapáxinas de agasallo feito coa impresora 3D fixémolo con moito cariño.
Etiquetas:
animación á lectura,
nais e pais de conto
21 de feb. de 2019
Talleres conCIENCIAte no cole
Esta semana comezaron uns talleres de experimentos no cole da man de dous profesores de química, Jose María de la Viña e Pablo Mira. Veñen a experimentar cos nenos e nenas do cole no marco do noso PDI. Comezaron coa clase de 2º de EP cunhas actividades moi divertidas, dende escoitar as ondas sonoras a través duns teléfonos con vasos e corda, ata descubrir como o noso cerebro da ordes ao resto do noso corpo. Gustaríanos agradecer a colaboración destes profesores, xa que van a vir a facer experimentos con todos os cursos durante os próximos meses. Grazas por compartir a vosa experiencia!

CONTACONTOS NA BIBLIOTECA.-
Na biblioteca hoxe viñéronnos contar uns contos que nos encantaron. Os nenos e nenas de infantil e primeiro non perderon detalle.
Etiquetas:
animación á lectura,
contacontos,
Kalandra
19 de feb. de 2019
EXPOÑEMOS O QUE SABEMOS AOS NOSOS COMPAÑEIROS E COMPAÑEIRAS.
Estes días os nenos andiveron visitando as aulas para ver o que traballaron e aprenderon os seus compañeiros co PDI CONCIENCIATE. Así observaron a evolución dos reloxos, do teléfono ou do coche, as probas que teñen que superar para recuperar a preciada radio de Leoteca, a erupción dun volcán, inventos típicos da da nosa terra, mans robóticas e robots, a vida de científicas célebres... Canto saben este peques!
Etiquetas:
concienciate,
encargados,
exposición,
investigación,
PDI,
robots
18 de feb. de 2019
CONcienciaTE con ANXO CARRACEDO.-
Cústame escribir esta entrada no blogue porque todo o que diga non vai facer xustiza a gran persoa que estivo hoxe na nosa biblioteca: Anxo Carracedo. Unha eminencia que se lle poida describir como humilde xa o di todo del. Acercouse ao noso colexio para inculcar o amor pola ciencia. Durante dúas horas teletransportou ao noso alumnado ao mundo da curiosidade. Ensinounos a substraer o ADN dun kiwi, falounos do seu día a día, viaxou ao pasado para falarnos da súa infancia, comentou a importancia de investigar...Contounos algo da súa vida manexando o escornabot, sentiu curiosidade pola impresora 3D e ata nos concedeu unha entrevista na radio. Sen dúbida alcanzou moitos logros pero ver a todo o noso alumnado con ganas de seguir sentado escoitando e falando con el, nos tempos que corren, non é menos logro. OXALÁ QUE PERSOAS COMO ANXO CARRACEDO ESTIVERAN TÓDOLOS DÍAS POLOS COLEXIOS.
Sempre agradecidos.
| Preparando a visita. |
| Preparando a visita. |
| Aprendemos como ver o ADN dun Kiwi. |
| Entrevista a Anxo Carracedo. |
| Percorre a súa Galicia co escornabot. MOMENTOS CON ANXO CARRACEDO.- |
Etiquetas:
concienciate,
IMPRESORA 3D,
PDI,
Radio na biblio,
ROBOT,
robots
13 de feb. de 2019
13 F: Día mundial da radio 2019
O 13 de febreiro celébrase o día mundial da radio. Se picades nos seguintes enlaces poderedes saber un pouquiño máis sobre este día.
Aproveitando que Leoteca trouxo a nosa propia emisora de radio o curso pasado, Canosa Onda , estamos a traballar dende o noso cole en diferentes programas de radio
Se picades no seguinte enlace poderedes acceder directamente a nosa emisora de radio e aos diferentes programas xa emitidos. Hoxe, día 13 de febreiro , aproveitaremos para facer un programa especial que subiremos proximamente.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)




