26 de maio de 2020
AVALIAMOS A BIBLIOTECA.-
Coa intención , por unha banda ,de seguir mellorando desde a biblioteca escolar e por outra, coller folgos para o vindeiro ano , agradecemos que cumplimentedes a seguinte enquisa. Soamente debedes entrar na que se corresponda ao voso perfil ( familia, neno ou nena de 4º,5º e 6º, ou mestre) e dárlle a enviar. Agradecemos que empleedes un anaquiño do voso tempo para responder a enquisa.
25 de maio de 2020
TRABALLOS ELABORADOS POLO NOSO ALUMNADO: LETRAS GALEGAS E MÁIS!
Ola nenos e nenas, son Leoteca:
Hoxe escribo para contarvos o orgullosa
que me sinto e todos vós! Acaba de caer nas miñas mans o vídeo que ides a ver a
continuación. Nel aparecen moitos dos vosos traballos elaborados tanto para o
PDI “Amar o mar” como para as Letras Galegas. Sobre todo está centrado na banda deseñada
(cómics ) , debuxos, poesías e caricaturas do autor homenaxeado, Ricardo
Carballo Calero. E ademais este vídeo ten uns presentadores moi especiais!
Mirade, mirade...
No seguinte enlace podedes entrar no blog do Equipo de dinamización da
Lingua Galega do cole, “Vente Vindo” e atoparedes máis traballos vosos. Ao
longo dos días aínda aparecerán máis.
De verdade que estou impresionada co que traballades nenas e nenos do CEIP
Canosa-Rus! Bótovos moitísimo de menos, pero xa queda un chisquiño menos para vernos,
seguide así e moitas gracias por todo o voso traballo! Espérovos coidando da
biblio do cole. Unha forte aperta. Leoteca.
14 de maio de 2020
LIBROS NA DISTANCIA
Unha das miñas máis grandes preocupacións é que non leades. Ando sempre a argallar como podedes facer. Aquí teño unha gran solución. Se botades de menos a colección Xerónimo, os cómics, os libros de investigación, libros para os pequenos, películas .... soamente debedes entrar nesta páxina:
Nela rexistrádesvos, se tedes o carné da biblioteca de Carballo non fai falta que o fagades, e podedes desfrutar de infinidade de libros. Estarei encantada de que me reenviedes o libro que estades a ler. Prometo contestar os correos. Animádevos.
Biquiños Voadores.
29 de abr. de 2020
O CAMIÑO DOS FAROS.
No PDI “Amar o mar” non puidemos deixar pasar os faros, os grandes gardiáns do mar. O alumnado de 4º e 5º crearon e investigaron sobre estas belas construcións. Centráronse no Camiño do Faros e nas súas historias. A través de maquetas que fixeron con axuda das familias, traballos de investigación e deseños na impresora 3D para xogar cos escornabots coñeceron un pouquiño máis este fantástico patrimonio.
O CAMIÑO DOS FAROS
CAMIÑO DOS FAROS
A maioría da información foi extraída de: http://www.caminodosfaros.com/
Creacións do noso alumnado.
Quizás algún día os nosos pequenos sexan escritores. Se pinchades nos enlaces pódense ver algúns dos seus escritos.
CUENTO
CONTOS
POESÍAS
CONTOS NORMALIZACIÓN
MÁIS CONTIÑOS
CUENTO
CONTOS
POESÍAS
CONTOS NORMALIZACIÓN
MÁIS CONTIÑOS
27 de abr. de 2020
Máis chistes e recomendacións.-
Eu non minto. Aquí están os nenos e nenas que me faltaron por subir e o dixestes. Perdón.
DÍA DAS LETRAS GALEGAS
A celebración do Día da Letras Galegas, trasládase ao 31 de outubro
Este ano no Día das Letras Galegas, o 17 de maio, homenaxearemos a Carbalho Calero, escritor e gran filólogo.
Pero, debido á suspensión das clases a causa da pandemia do coronavirus, e ante a incerteza de cando se poderán retomar, a Real Academia Galega vén de comunicar que esta celebración se traslada ao día 31 de outubro, que coincide co 110 anos do nacemento do autor.
Esta institución continúa divulgando a figura do homenaxeado a través da súa páxina web, a Primavera das Letras e o Portal das Palabras.
Tamén nos anima ao profesorado e ao alumnado a promover accións virtuais arredor da data do 17 de maio e estender estas actividades sobre Carballo Calero a comezos de curso .
Pola súa parte, O Seminario Galán, pon a disposición da comunidade educativa o material das Letras Galegas 2020, onde se poden atopar actividades interactivas, actividades en PDF, marcadores, fotografías, vídeos…
Os noso alumnado xa está afeito a facer estas actividades todos os anos na aula de informática. Por iso, mentres non nos vexamos no colexio, animámosvos a que entredes en www.seminariogalan.org/ e fagades algunhas actividades. Lembrade que antes de nada, debedes ler con moita atención a biografía do autor. Tamén vos aconsellamos , empezar polas de 1º Curso e ir subindo de nivel ata chegar ao voso curso.
Que? Seredes quen de facelas?
26 de abr. de 2020
RECUPEREI OS ANTEOLLOS.
Que contenta estou!! Grazas a vós e as vosas familias por axudarme a recuperalos. Xa teño comigo os anteollos. Resulta que non os levara un becho estraño. Escoitade a primeira gravación e saberedes quen foi.
Nos seguintes cinco programas están os vosos chistes e recomendacións lectoras. Buscade a vosa voz!!!
Nos vídeos están as fotos cas familias e aqueles que en vez de gravacións nos mandaron vídeos.
Sodes uns fenómenos. Fíxome moitísima ilusión vervos, oírvos, admirar as vosas obras... foron tantos que non sería raro que esquecese algún. Se é así, mandádeme un correo que o volvo a subir cunha entrada dedicada exclusivamente a vós. Grazas de corazón por sentirvos tan cerca estando tan lonxe no día do libro.
br />
25 de abr. de 2020
CONTACONTOS NA REDE: "DE TAL CUENTO, TAL ASTILLA"
Ola a todas e todos!
Temos tres novos contos en " De tal cuento, tal astilla". Dende Leoteca queremos volver a dar as gracias a Erica González por facernos desfrutar tanto con estes contos e compartilos con nós ! GRACIAS!!! Estade moi atentos/as porque son moi divertidos!!!
Temos tres novos contos en " De tal cuento, tal astilla". Dende Leoteca queremos volver a dar as gracias a Erica González por facernos desfrutar tanto con estes contos e compartilos con nós ! GRACIAS!!! Estade moi atentos/as porque son moi divertidos!!!
Rumpelstiltskin por Erica Gonzáez
Por un mosca de nada por Erica González
SIXTO SEIS CENAS por Erica González
16 de abr. de 2020
DÍA DO LIBRO: 23 DE ABRIL
Boas lectores e lectoras:
Como estades? Eu ando algo triste porque perdín os anteollos para ler e para a semana que vén, concretamente o xoves 23, é o día do libro. Debeumas roubar unha persoa , animal ou cousa porque me chegou esta carta:
Querida Leoteca se os anteollos queres recuperar este reto terás que superar:
A inmensa maioría dos nenos do colexio téñenche un aquel especial así que deberanche axudar. Terán que facer dous destes retos e mandalos ao teu correo: leoteca@ceipcanosarus.net e ao dos seus mestres. Estes retos teñen que estar cargados de humor e disparates posto que o Salón do libro dedícaselle ao HUMOR.
POSIBLES RETOS:
1. Gravar un chiste ( voz) e envíalo como correo adxunto para despois montar un programa de radio.
Debedes especificar : "Eu son _____ e este é o meu chiste______"
2. Completar esta frase e gravala ( voz):
" Chámome______ . O meu conto preferido é______ porque_________."
Tamén se subirá a radio.
3.O teu libro favorito cantado: Escolle o teu libro preferido e inventa unha canción cortiña ou escolle unha melodía que che guste e cámbialle a letra. Nesta gravación debes decir cantando o título do teu libro favorito e decir porque che gusta.
Tamén se subirá a radio.
" Chámome______ . O meu conto preferido é______ porque_________."
Tamén se subirá a radio.
3.O teu libro favorito cantado: Escolle o teu libro preferido e inventa unha canción cortiña ou escolle unha melodía que che guste e cámbialle a letra. Nesta gravación debes decir cantando o título do teu libro favorito e decir porque che gusta.
Tamén se subirá a radio.
4. Escribir ou gravar unha historia disparatada moi breve contestando a estas preguntas no que o protagonista sexa un obxecto ou xoguete que teñades na casa:
· Quen era?
· Onde estaba?
· Que facía?
· Que dixo?
· Como acabou?
· Podedes achegar foto do obxecto ou xoguete.
5. Facer un debuxo teu de como te sentes cando les o teu libro preferido.
6. QUEDADA LITERARIA: O día 23 as 16:00 horas ler un conto ti e a túa familia e mandar unha foto na que esteades todos a ler.
Nenos e nenas, tédesme que axudar! Déixovos tamén un manchea de libros que podedes ler desde a tableta ou desde o ordenador.
Soamente tedes que picar enriba :
Soamente tedes que picar enriba :
Por certo, estes retos deberán ser en GALEGO.
MOITAS GRAZAS POLA VOSA AXUDA!
MOITAS GRAZAS POLA VOSA AXUDA!
LEOTECA
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)












