A semana pasada tivemos a visita dunha ex-alumna, Aroa, e a súa nai , Mónica, que contaron unha historia inventada por elas sobre a nosa zona do noso colexio ao alumnado de 5º e 6º de EP. É moi interesante poder escoitar algunhas cousas que son certas sobre como era antes o cole e o lugan onde se atopa. Moitas grazas a Mónica e Arora pola vosa historia!!
11 de mar. de 2020
HOXE LENOS !
A semana pasada tres alumnas de sexto de EP, Laura, Noa e Sarai, interpretaron un conto para os seus compañeiros/as de Educación Infantil. Prepararon unha dramatización moi boa do conto coeducativo "Daniela pirata". Moitas gracias a estas compañeiras por traballar tan ben e poñerlle tanta ilusión a este conto que tantos valores ten e que nos demostra que cada persoa pode ser o que soñe e o que se propoña se hai o esforzo !
2 de mar. de 2020
Intercambio colexios Coristanco.
O alumnado dos colexios de Agualada, Ceip Xosé Pichel e o noso fixeron un intercambio deportivo. Nesa convivencia tamén desfrutaron da nosa biblioteca: papiroflexia, lectura, realidade aumentada, impresión 3D, nós mariñeiros ... foron moitas das actividades das que desfrutaron.
26 de feb. de 2020
NAIS E PAIS DE CONTO
Tamén trouxeron botes e unhas tarxetas coas cores das emocións . Os nenos e nenas de educación infantil desfrutaron moito deste conto.
Moitas grazas a Mónica e a Kalesi pola vosa interpretación desta historia! Animamos a todos os familiares que queiran vir a contar algunha historia, conto , crenza popular, etc a Leoteca! As portas están abertas en "Nais e pais de conto".
HOXE LENOS!
O pasado martes 18 de febreiro, en "Hoxe lenos", 3 compañeiras de 4º de EP contáronlle un conto aos nenos/as de 3º e 4º de EP. O conto foi "Medusa se ha vuelto a enfadar". Este conto ten de especial que ten realidade aumentada, é dicir, que á vez que contas o conto podes ver as imaxes na tablet e interactuar cas personaxes. Na nosa biblio, Leoteca, podemos desfrutar de moitos contos con realidade aumentada! Queremos dar as grazas a estas tres compañeiras por lernos e descubrirnos un libro tan bonito da nosa biblio!
19 de feb. de 2020
Noticias de Febreiro no Día a día en Rus
Escoita as últimas noticias da zona. Hoxe, con novidades moi importantes.
NON TE PERDAS O Día a día en Rus.
NON TE PERDAS O Día a día en Rus.
16 de feb. de 2020
Intercambio de experiencias co CEIP A Cristina o día mundial da radio.
O pasado 13 de febreiro, como xa saberedes, celebrouse o “ Día mundial da radio”. Este mesmo día tivemos a visita de tres compañeir@s do CEIP A Cristina, de 5º de EP e da súa mestra. Viñeron a gravar un programa de radio en CanosaOnda. Tres alumnas de 6º de EP, Sarai, Laura e Noa explicáronlles como funciona a nosa emisora e foron as presentadoras do programa especial de humor que podedes escoitar a continuación.
Cando remataron tamén puideron visitar Leoteca da man destas 3 nenas. Foi unha experiencia moi boa para tod@s. Damos as grazas aos compañeiros do CEIP A Cristina pola visita e as nenas de 6º polo boas anfitrionas que foron!
Cando remataron tamén puideron visitar Leoteca da man destas 3 nenas. Foi unha experiencia moi boa para tod@s. Damos as grazas aos compañeiros do CEIP A Cristina pola visita e as nenas de 6º polo boas anfitrionas que foron!
A meca antroidiña!!
Xa está aquí a meca do antroido cargada de mandatos. Ollade o blogue todos os días para saber o que levar ao colexio.
Eu son a mariñeira do entroido, MECA fágome chamar.
Eu son a mariñeira do entroido,
MECA fágome chamar.
Obedece as miñas ordes
se unha catarreira non queres papar e no mar queres traballar.
Luns para a semana ben comezar algo no pescozo deberás levar.
Obedece as miñas ordes
se unha catarreira non queres papar e no mar queres traballar.
Luns para a semana ben comezar algo no pescozo deberás levar.
Día mundial da radio: SOMOS DIVERSIDADE
Os centros que temos radio na biblioteca aceptamos un reto: mostrar con verbas que a diversidade é necesaria. Escoitade os nosos nenos de 6º que ben o fixeron. Están de primeiros.
Día mundial da radio
13 de feb. de 2020
NAIS E PAIS DE CONTO
Hoxe
en "Nais e pais de contos" tivemos unha visita moi especial
dunha ra e un peixe! Viñeron a contarlle un conto, Benxamín, a 1º e 2º de EP.
Queremos dar as gracias dende Leoteca a Mónica e Kalesi pola súa interpretación, aos nenos/as encantoulles !
Seguimos animando ás familias a que participedes nesta actividade. Podedes apuntarvos para contar contos aos grupos que queirades, aínda estades a tempo!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)








